Merexo soplará as velas do 100 aniversario de Eva Castiñeira

O día que Eva Castiñeira cumpliría 100 anos, este venres 25 de xullo, o camping Lago-Mar de Merexo soplará as velas por ela. A Panillada que homenaxea á esta muller que puxo cara este Días das Letras Galegas a todas as cantareiras e pandereteiras do país será un acto moi emotivo, no que particiarán persoas que foron clave para a súa posta en valor e o seu recoñecemento.
Foi Icía Varela a que lle propuxo a idea ao Camping, porque lle parece un espazo cunha proposta cultural fantásica, e pola relación que hai entre Eva e Pazos de Merexo, coetáneos que coincidiron naquelas panilladas que se celebraban en Castelo ou Agranzón, en San Martiño de Ozón, Eva á pandeireta e Pazos ao seu acordeón.
Ademais da foliada e da sardiñada, haberá unha interesante charla para sacar do esquecemento esta figura fundamental para o folclore e a tradición galega. Pasarán polos micros xentes como a propia Icía ou Xosé Manuel Varela, autores do libro das “Cantereiras” e pronto do seguinte “Pandereteiras”, pero tamén estará o propio fillo de Eva, Juan José Alvite, o investigador Xabier Díaz, a artista local Viki Rivadulla (que xa nos descubría a Eva na Galería Mulleres en 2013), a ilustradora Nerea Gómez, o cofundador de Ruada Tino Maceiras, o director do Pobo Galego o muxián Manuel Vilar. Leranse testemuños de Pablo Quintana e Rodrigo Romaní, veciños de Eva.
Máis novas