Sábado. 21.09.2024
El tiempo

Muxía prepara a Barca para a Festa das Festas

Muxía prepara a Barca para a Festa das Festas
Misa da Barca no poliderpotivo de Muxia-Foto-Braulio Garcia

Xa non queda nada. Chantada xa ten o pregón preparado e a vila está perfectamente engalanada para a gran Romaría da Virxe da Barca, a Festa das Festas na Costa da Morte. Non hai que ver como afecta ao Fútbol da Costa alterando horarios e aprazando de partidos de toda a volta, apoiada, iso si, polas tamén esperadas Festas da Barquiña de Ponteceso.

O que non vai estar para a ocasión é o lugar sacro. O Santuario da Virxe da Barca segue en obras que non rematarán a fin de ano. Por iso, o Polideportivo municipal estase a empregar como improvisada igrexa, e menudos cheos ata a bandeira que está a rexistrar estes días.

De feito, a misa do mércores tivo uns visitantes especiais, chegados do Centro Social do Concello de Cee que realizaron unha pelegrinación á Barca, na que os participantes xantaron polo camiño e despois de asistir á novena regresaron en autobús o para casa.

Peregrinos do Centro Social de Cee a Barca

Algunhas restricións

O Concello muxián vén de implantar un par de medidas extraordinarias para estes días:
Ante a proximidade da Romaría da Barca, e con intención de evitar as numerosas lesións provocadas por cortes ás persoas, producidas polos cristais existentes na Vía Pública, poño en coñecemento de que tódolos locais e tabernas ocasionais, que durante o venres 12, sábado 13, domingo 14 e luns 15 de Setembro, tan só se pode utilizar vasos de plástico.
De igual modo comunico que os locais e tabernas ocasionais, tan só poden ter música ambiente con pouco volume, quedando prohibida o sábado de 09 a 13 horas e o domingo de 09 a 15 horas, por descanso e pola Procesión da Virxe.

Un completo programa

Moito máis que unha gran verbena son estas festas. De venres a luns, haberá un pouco de todo, destacando as tracas de bombas (a máis grande de Galicia terá lugar o domingo ás 14:30h), os pasarrúas diarios de charangas e grupos folqueiros ou as procesións, ademais de ese fermoso domingo romeiro nas pedras da Barca. Unha demostración de por que esta é unha das 9 Festas de Interese Turístico da Costa da Morte.

Programa Romaria da Barca de Muxia 2014-Fonte-Concello e Piratasdemuxia

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios