Muxía saca adiante o PXOM a pesar das críticas da oposición


Saíu adiante o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Muxía, un deses documentos tan necesarios que fan inverosímil ver que non o teñen feito máis da metade dos concellos da zona e do país. O pasado venres, a corporación aprobaba, ante a mirada de varias ducias de veciños, un PXOM moi parecido ao que iniciaba o PP aló polo 2007.
O alcalde Félix Porto destacou que as modificacións sobre o Plan presentado no 2007 apenas se reducen ás modificacións de parcelas urbanísticas de dúas casas de Quintáns, erguidas no seu tempo en solo non urbanizable, sen licenza pero con “permiso”. Casas que de non ter feitas esas modificacións, sería demolidas.
Sae hoxe á voz pública o PP, que non entende que “o PSOE aprobe agora un un documento similar ao que se opuxo no seu día”, e agora acusa ao goberno local de “oscurantismo” e de ”unha premura inxustificada” para aprobalo documento, cando pasan 10 anos dende a súa posta en marcha. Pola contra, critican que “se tardase tanto e que se fixese sufrir ás familias tantos anos”.
O seu voceiro Manuel Fandiño criticou que “o documento saíu adiante sen apenas ser publicitado, e sen que os veciños tivesen toda a información”.
Novas relacionadas
- 05-12-14: Novidades nos PXOM de Carballo, Fisterra e Muxía.
- 21-01-13: Muxía avanza co PXOM.
- 2010: O BNG muxián preocúpase polo retraso do PXOM.
- 2009: O concello de Muxía presenta o PXOM.
Máis novas dos PXOMs
- A demolición de edificios ilegais faise realidade.
- O DOG xa publica o PXOM de Camariñas 13 anos despois do comezo dos trámites.
- A APLU abre expediente por unhas naves en Coristanco tras un posible trato de favor da alcaldía.
- Un PXOM irresponsable en Corcubión.
- Baio, máis cerca dun PXOM que leva 8 anos paralizado.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).