O temporal Qumaira tamén deixou cifras marca en Galicia



Sen parada. Seguimos de temporal en temporal, e xa van 3 en unha semana. Tralo paso do "Nadja" e do "Petra", o Qumaira deixou un reguero de estampas na Costa da Morte. E como non foi de mar, foi moito máis incómodo que vistoso, e apenas puidemos saír da casa.
Árbores caídos nas estradas, area invadindo a ponte do Ézaro (non só o paseo de Laxe...), a cascada de novo cun caudal impresionante, ríos completamente desbordados como o Grande tanto en Coristanco como na Piroga, en Baio, pero seguro que en todo o seu cauce. Pero de novo as cifras dos refachos de vento e da chuvia nos colocan á cabeza de toda Galicia.

A estación de Lira (Carnota) rexistrou ventos continuados por riba dos 90 km/h con refachos sobre os 100 km/h, chegando mesmo ao mediodía aos 131 km/h, practicamente igual que en Coristanco. En Camariñas, "só" a 102.
E se falamos de chuvia, Santa Comba foi a vila onde máis auga caeu, repetindo mellor marca do país. Foron desta volta, tralos 89 l/m2 do Petra foron 65 l/m2, por 50 en Coristanco, 44 en Zas e 34 en Mazaricos.


Parte para a fin de semana
Os compañeiros de 4gotas.comtráennos o avance para a fin de semana:
O venres tralo paso da borrasca Qumaira que deixou moito vento do toda a Costa, veremos un día de chuvascos e con vento forte á espera dunha nova fronte na tardiña que deixaría na noite e na madrugada do sábado chuvia e continuaría o vento.
O sábado outra vez sería un día de chuvascos intermitentes, algún deles puntualmente forte e con sarabia.
O domingo pode ser un día complicado. O mellor é permanecer atento aos prognósticos da web, 4gotas.com, porque poden ir cambiando.
Novas relacionadas
- 05-02-14: O novo temporal Petra segue arrasando a Costa.
- 03-02-13: O temporal Nadja na Costa da Morte, todo un espectáculo.
- 29-01-13: A Balea de Corcubión continúa esfolándose no mar.
- 18-01-13: Os temporais achegan baleas, lobos mariños e arroaces ás nosas costas.
- 07-01-13: O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte.
- 05-01-13: A carta dun veciño cabreado a Costas ante consecuencias do temporal.
- 22-10-13: O primeiro temporal deixa cifras alarmantes e vellos temores.
- 31-01-13: A Fervenza do Ézaro cun caudal 100 veces por riba do habitual.
- 21-01-13: O temporal Gong deixa a súa pegada con estampas curiosas.
- 14-12-13: O temporal sacude á Costa cun falecido.
- 16-10-12: O temporal atiza o vento e rompe muros.
- 26-10-12: Chegou o temporal.
- Temporal Novembro 2010: Máis imaxes do mar salvaxe na Costa da Morte durante o temporal.
- Temporal febreiro 2010: As primeiras imaxes do Xynthia na Costa da Morte.
Novas interesantes
- Ciencia e Tecnoloxía, con Mario Rodríguez Gómez: “Cicloxénese explosiva”.
- Estudio do Centro Fonteboa Na Costa da Morte chove máis dun tercio dos días.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).