Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O PP de Muxía leva tamén ao pleno a ponte de Vilachán

Sandra Vilela na ponte de Vilachan
Sandra Vilela na ponte de Vilachán
O PP de Muxía leva tamén ao pleno a ponte de Vilachán

O PP de Muxía levará ao próximo pleno ordinario unha moción para aprobar a Ponte de Vilachán, propoñendo a aprobación dunha modificación orzamentaria para que “a obra da Ponte Vilachán quede definitivamente aprobada”.

Vai un ano dende que a ponte se esfolaba e malia chegar a semana pasada a aprobación de Augas de Galicia, as obras non parecen avanzar. "Foron pasando os meses co goberno local contando unha mentira trala outra”, lamenta a portavoz que continúa, "a última foi anunciar fai máis de 2 semanas que faría un pleno inminente para a aprobación desta obra sen que a día de hoxe téñasenos
convocado nin teñamos ningunha noticia ao respecto”.

Máis novas

Comentarios