Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Propoñen o cambio de ubicación da Escola Infantil de Muxía

Reunión do grupo de goberno de Muxia co Consorcio Galego
Reunión do grupo de goberno de Muxía co Consorcio Galego
Propoñen o cambio de ubicación da Escola Infantil de Muxía

Van 12 anos dende que se busca unha solución para a ubicación da Escola Infantil de Muxía. Sita nunha entreplanta dun edificio de alugueiro, na rúa José María del Río, “tanto a súa ubicación como o edificio actual non cumplen cas necesidades básicas das crianzas”, explicaba o alcalde Iago Toba aos responsables do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar Perfecto Rodríguez e Carmen García.

O obxectivo é consolidar as 20 prazas coas que conta unha Escola que na actualidade ten 16 nenas e nenos e matriculad@s.

Semella que a proposta do goberno local tivo moi boa acollida por parte do Consorcio, que trasladou o seu compromiso para ‘trasladar un equipo técnico ata Muxía e analizar así con detemento a viabilidade deste proxecto’. De feito, Carmen García acudirá ao municipio muxián a vindeira semana, onde se volverá reunir co equipo de goberno para darlle continuidade á iniciativa e analizar tamén a viabilidade desde o punto de vista técnico’, anotan.

Comentarios