Rosalía Fdez. Rial leva as súas "Árbores no deserto" pola comarca
11:07 10/08/20
A desta fin de semana foi unha presentación especial. Porque para Rosalía Fdez. Rial facer calquera cousa en Muxía é algo emocionante. Máis aínda se se trata da presentación do seu novo poemario, “Árbores no deserto”. A poeta carballesa-muxiá presentou e recitou o seu libro no salón de actos do Edificio do Voluntariado, acompañada polo alcalde Iago Toba e a concelleira de Cultura e segunda tenente de alcalde, Olalla Benlloch Lema.
Boa afluencia de público á presentación de Rosalía Fdez. Rial en Muxía
Na mesa estiveron dous amigos, como son Miguel Vázquez Freire e María Lado, que fixeron unhas brillantes exposicións sobre o libro e a autora.