mércores. 30.04.2025
El tiempo

Tralo Maratón de FS de Cee xa se pon en marcha a IV Liga de Verán de Muxía

Tralo Maratón de FS de Cee xa se pon en marcha a IV Liga de Verán de Muxía
A Cerveceria Atrio gañou tamén a Copa Maratón de Cee-Foto-Jorge Parri

Menudos abusóns estes do Cervería Atrio, anteriormente coñecidos como Distribuciones Barral... Tras gañar, un ano máis, a Liga de FS de Cee, os vimianceses con denomización de orixe de Cee, fixéronse tamén coa XXVI Copa Maratón de Fútbol Sala Concello de Cee, disputada esta pasada fin de semana no pavillón municipal.

Foron dous longos días de deporte, chegando ata ás 6:00h da mañá do sábado aínda na pista. O Atrio foise desfacendo do Montaxes Quintaplás, do Antoxos e do Hotel Praia de Quenxe, ata que na final se atopou co Federópticos Ollo, que viña de deixar atrás ao SDC Brens, a Lires Cons e mais ao Loureiro.

O Atrio vencía a finalísima ao Federópticos por 6-3 deixando clara a súa superioridade constante durante estes anos. Terceiro quedou o Praia de Quenxe, outro dos que partia como favorito trala súa boa liga, unha vez que o Loureiro non se presentaba á final de consolación.

IV Liga de Verán de FS de Muxía

E sen tempo, xa se pon en marcha a IV Liga de Verán de fútbol sala que organiza o Concello de Muxía, que xa ten os primeiros equipos apuntados. Os equipos inscritos son: Panaderia León (Camariñas), Panaderia Antoxos (Vimianzo), Estética Raquel (Muxia), San Isidro (Muxía), Veteranos do Soneira (Vimianzo) e Ventanas Quintaplast (Muxía).

Os partidos disputaranse de luns a venres no Polideportivo Municipal de Muxia durante os meses de xuño e xullo en horario de 20:30 ás 23:00 h.

A inscripción será de 60€ e para anotarse deberán chamar ó 635436173 antes do mércores 29 de maio , a competición empezara o luns 3 de xuño, a idade mínima para participar será de 16 anos e cada equipo podera anotar un máximo de 15 xogadores.

O Campión do ano pasado foi o Loureiro/Coral que superou na final ó Panaderia León por 3-2, o máximo goleador foi Dario de Panaderia León e o porteiro menos goleado Jose Angel Pose de Loureiro/Coral.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios