Unha Semana chea de cultura para preparar a Barca
Non estará listo o Santuario, pero a Romaría da Barca xa está aquí. E con ela, como cada ano, para quecer motores e combinar algo de cultura coa troula, o Concello muxián arma unha fantástica Semana Cultural da Barca 2014.
Así, do 1 ao 7 de setembro a vila acollerá numerosas actividades culturais, tales como teatro, Cine, deportes, Contos do Corvo Roque…
Arrincaremos o propio luns 1 de setembro cunha tarde de cine para peques, ás 19:00h no Salón de Actos do Edificio do Voluntariado. Para o martes 2, e o xoves 4, toca Contos na Lareira da Biblioteca con Mari Rey e Ana Martínez. O mércores, tarde de cine pero pensando xa en todos os públicos.
A fin de semana previa á Barca intensifícanse os actos. Cine na tarde do venres, teatro local para o sábado e exhibición deportiva e máis teatro da Escola Municipal o domingo.
Novas relacionadas
- O Santuario da Virxe da Barca estará rematado antes de que remate o 2014.
- A Romaría da Barca pechará o verán por todo o alto.
Máis novas
- Festas da Barca 2013: A Romaría da Barca non baixa o ritmo.
- Festas da Barca 2012: Ritmo trepindante nas dúas e grandes Festas da Barca.
- Festas da Barca 2011: Romeiros e festexeiros puideron coa chuvia na Barca.
- Festas da Barca 2010: A Festa das Festas.
- Festas da Barca 2009: Milleiros de persoas abalaron a Barca (con resumo e galería de Marcos Rodríguez).
- Festas da Barca 2007: A Barca by Dani.
- A historia da Romaría da Barca, por Manuel Vilar.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- Como soa da Pedra de Abalar cando abala?.
- Recunchos da Costa: As Pedras da Punta da Barca.
Fonte
- Concello de Muxía.