Baloncesto: O ACB ES Bazarra caeu en Lugo tras un mal primeiro cuarto

Tardaron en entrar no partido as xogadoras do ACB ES Bazarra Costa da Morte, e xa non puideron remontar o choque ante o Ensino Lugo.
En calquera caso, as ceenses prepáranse a revancha que poderá ser este domingo 13 ás 12:30h no Municipal Cee ante o propio equipo lucense.
2ª DIVISIÓN SENIOR FEMININA - GRUPO NORTE-ÚNICO, 13ª XORNADA
- Resultado: Ensino Lugo - E.S. Bazarra Costa da Morte (55-49).
- Parciais: 15-4; 14-14; 7-13; 19-18 / Acumulado: 15-4; 29-18; 36-31; 55-49
- E.S.BAZARRA COSTA DA MORTE: Fani, 4 ptos; María Mas, 2 ptos; María Castro, 14 ptos (1 tripla); Sandra, 18 ptos (2 triplas); Yaiza, 11 ptos - quinteto inicial- Ana, 0 ptos; Uxía, 0 ptos; Iria, 0 ptos
No primeiro cuarto a anotación das costeiras quedouse en 4 puntos polos fallos nas entradas a canastra en contraataque. Saían fácil da presión a toda pista que formulaban as locais do Ensino pero os fallos nas entradas a canastra marcaron o parcial deste cuarto. No segundo, o acerto no tiro permitiu que as locais non romperan o partido, e que as rapazas da Costa seguiran con opcións.
Tralo descanso, as visitantes apretaron na defensa e tiveron máis calma no ataque, o que lles permitiu gañalo parcial do terceiro cuarto e poñerse a tan só 5 puntos a falta de 10 minutos. Nese último cuarto os dous equipos tiveron un maior acerto no tiro, sendo este cuarto co parcial máis alto no marcador. O intercambio de puntos non lle valiu as rapazas do E.S. Bazarra para poder acabala remontada e levarse a vitoria.
NOVAS RELACIONADAS
- Febreiro 21: Basket: As líderes do CB Laracha puideron co ES Bazarra.
- Basket: O COOK Terra Chá devolve a man ao ACB.
- Xaneiro 21: Basket: O ACB Costa da Morte-ES Bazarra acostúmase a gañar.
- Xaneiro 21: Basket: O ACB Bazarra fíxolle fronte ao CB Laracha a pesar das baixas por COVID.
- Decembro 21: Basket: O ES Bazarra ACB Costa da Morte comeza a gañar.