Venres. 26.04.2024
El tiempo

Basket: Fin de curso máis que esperazadir para a familia ACB

acb costa da morte -ES Bazarra baloncesto
O ES Bazarra só puido contar con 8 xogadoras durante esta campaña
Basket: Fin de curso máis que esperazadir para a familia ACB

Esta fin de semana pechaba a temporada o equipo senior feminino, o ES Bazarra ACB Costa da Morte. Caía na casa ante o Celtas, o que non empaña unha campaña chea de esforzo e ilusión. Repasamos o último partido e facemos unha reflexión con Deril Ureña.

ª División Senior Feminina - Grupo norte-único, 16ª xornada

  • Resultado: E.S. Bazarra Costa da Morte - Celtas Foz (36-40).
  • Parciais:: 16-9; 9-12; 4-6; 7-13 / Acumulado: 16-9; 25-21; 29-27; 36-40.
  • E.S. Bazarra Costa da Morte: Sandra, 20 ptos ( 3 triplas); Mery, 4 ptos; María Mas, 3 ptos (1 tripla); Fani, 5 ptos ( 1 tripla); Yaiza, 4 ptos - quinteto inicial- ; Uxia, 0 ptos, Ana, 0 ptos; Iria, 0 ptos.

Como no partido de ida, inicio do primeiro cuarto favorable para as rapazas do E.S.Bazarra, xogando fácil ante a defensa en zona das visitantes, algo que souberon facer ben durante o primeiro cuarto. Xa a partir do segundo cuarto, comezaron os problemas para as de Cee, sobre todo na faceta anotadora. Fallos en pases e tiros fáciles das locais, que permitían recortala diferenza a o equipo de Celtas de Foz, pouco a pouco, chegando ao inicio do último cuarto tan só dous puntos abaixo. Os dous minutos xa se poñían por diante as visitantes e xa non deron opcións as rapazas da Costa, aínda que a vantaxe final tan só fora de catro puntos.

Fin de curso

Despois de varios anos sen ter equipo nesta categoría do conxunto de baloncesto comarcal este ano presentábase como una nova oportunidade de volver a competir na liga provincial coruñesa. As gañas dun bo grupo de rapazas de diferentes idades fixéronse notar dende un principio e o equipo saiu adiante.

”O lastre da falta de efectivos que sofre o club e endémico e tamén se fixo notar este ano no senior feminino, pois aínda que a comezos de temporada semellaba que se poderían conseguir as 10 fichas, finalmente só se conseguiron 8 participantes”, explica Deril.

”Malia iso a temporada podese calificar coma notable nun principio, e algo decepcionante cara o final, xa que a gran maioria viña de varios anos sen competir e a comentada falta de efectivos nunha liga tan igualada fixo decantar a balanza na maioría dos partidos cara o equipo rival e case sempre nos últimos momentos”, apunta.

Esta circunstancia fai que a valoración final sexa positiva, aínda que o ultimo posto alcanzado na clasificación faga pensar o contrario”. Consciente de que “os números nos encontros non engañan”, valora que houbo importantes vitorias contra o segundo e terceiro clasificado”, e “moitas derrotas axustadísimas, a maioria por menos de cinco puntos”, que “fan pensar que cun maior número de xogadoras se poderia mellorar considerablemente”.

Por iso, dende o club agradecen ás Yaiza, Maria, Sandra, Fani, Iria, Uxia, Maria Mas e Ana pola “súa entrega todo o ano, onde se viviron momentos de gran baloncesto e emoción no polideportivo municipal de Cee”.

O Club quere animar a calquera rapaz/a da comarca que lle guste o baloncesto que se anime a formar parte da familia.

Novas relacionadas

Comentarios