O Conco encherase para levar ao Volei Dumbría á máxima categoría do volei nacional

Venres, sábado e domingo, o Conco encherase de deporte de máxima calidade. A fase final da Superliga 2 de voleibol chega a Dumbría. Os 4 equipos que aspiran a ascender á máxima categoría do volei estatal citaranse en Dumbría.
Un evento que é un orgullo para Dumbría, para a Costa da Morte, como lembraron no acto da presentación José Manuel Pequeno, alcalde de Dumbría, e César Ferrío, presidente do Voleibol Dumbría, que estiveron acompañados por José Anxo Lúa, presidente da Federación Galega de Voleibol e Real Federación Española de Voleibol.
O formato é de liguilla, con 6 partidos, dous por xornada, e un ascenso por decidir. Un ascenso polo que de seguro loitará o cadro dumbriés, cumplindo a profecía do seu presidente, que o día do debuto do equipo sénior, hai 5 anos, dicía que “en 4 anos teremos SuperLiga no Conco”. Pode que se equivocase por un ano pero a cousa pode estar moi preto.
En todo caso, primeiro toca gañar e despois facer contas, que a categoría nacional non é “pecata minuta”.
Horarios
O venres 6 de abril, comezará o campionato. Cada día a entrada custa 2€, e o bono 5€. Estes son os horarios dos partidos:
- Venres 26 de abril:
- 18:00h: Voleibol Almoradí - Mediterráneo Castellón;
- 20:00: Voleibol Dumbría - Emevé. - Sábado 27 de abril:
- 18:00h: Mediterráneo Castellón - Emevé;
- 20:00h Voleibol Almoradí - Voleibol Dumbría. - Domingo 28 de abril:
- 10:00h: Emevé - Voleibol Almoradí;
- 12:00h: Voleibol Dumbría - Mediterráneo Castellón.
Máis información
Novas relacionadas
- A Fase de Ascenso á máxima categoría do volei estatal disputarase no Conco.
- Os Xuvenís do Volei Dumbría quedaron ás portas do Campionato Galego.
- 18-02-19: Histórica e reivindicativa clasificación do Volei Dumbría para a fase de ascenso máxima categoría.
- 13-02-19: Vitoria clave do Volei Dumbría para afianzar o 2º posto.
- 04-01-19: O Volei Dumbría, flamante campión da Copa Galicia.
- 29-01-19: Os Alevíns do Volei Dumbría máis preto da final autonómica
- 2014: Histórico debut, con vitoria, dos Sénior do do Voleibol Dumbría.