Luns. 27.01.2020
El tiempo

O Conco centra atención do volei estatal coa Copa Príncipe

Presentacion no Conco da Copa Principe de Volei
Presentacion no Conco da Copa Principe de Volei
O Conco centra atención do volei estatal coa Copa Príncipe

Despois do parón de Nadal, volve a máxima competición ao volei estatal, e faino no Conco. O pavillón dumbriés acolle esta fin de semana de 11 e 12 de xaneiro a Fase Final da Copa Príncipe 2020. Así o presentaron onte o presidente da Federación Galega José A. Luna, o alcalde dumbriés José Manuel Pequeño e unha expedición do club.

Un Volei Dumbría que pechou o ano na 2ª praza, a só un punto do Rotogal Boiro, pero que aspira, con todo, a ascender á máxima categoría do volei estatal.

A organización desta Copa Príncipe, despois do éxito da histórica fase de ascenso da temporada pasada, é toda unha demostración de intencións, de colocar a Dumbría e á Costa da Morte no máis alto do volei español. Unha nova demostración de facer do deporte un motor económico-turístico.

As semis comezan na tarde do sábado cun Boiro-Barça ás 17:00h e un Dumbría-Tarragona ás 19:00h. O domingo, ás 12:00h, a gran final.

Todos os partidos serán retransmitidos a través de La Liga Sports Tv

Xa se poden mercar as entradas (2€/días para socios e 3 para público en xeral) na cafetería do Conco.

Copa Principe de Volei Costa da Morte en Dumbria

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios