Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Doble derrota para as Escolas de Baloncesto de Baio nas Ligas Provinciais

Doble derrota para as Escolas de Baloncesto de Baio nas Ligas Provinciais
Se o Oso polar aprazaba o encontro desta pasada fin de semana, os que non o facían eran os membros das Escolas de Baloncesto Baloncesto Baio. E non houbo sorte xa que tanto as xogadoras Junior como os pequechos infantís colleitaron sendas derrotas na Coruña. As Junior recibían unha derrota merecida ante o Calasancias, equipo que aínda non coñece a derrota nesta liga e que debe estar loitando pola primeira praza desta liga, xunto con Carballo Basket. Pola súa banda, os infantís taén caeron ante un Ventorrillo moi duro, e onde o único que rendeu a gran nivel foi David.

Liga Provincial Junior Feminino

  • Resultado: Calasancias, 73 - Concello de Zas, 11
  • Parciais: 12-0; 32-2; 9-6; 20-3. (Acumulado: 12-0; 44-2; 53-8; 73-11)
  • Concello de Zas: Sara, 0 ptos; Carlota, 4 ptos; Lucía, 0 ptos; Elena, 0 ptos; Sandra, 2 ptos-quinteto inicial-Carla, 0 ptos; Nazaret, 2 ptos; Patricia, 3 ptos.
Pouca historia tivo este partido. Un equipo, Calasancias, que sen facer unha defensa asfixiante foi quén de deixar a cero non primeiro cuarto a Zas, e case consegue que se chegara ou descanso sen encestar ningunha canastra. Sen acerto non tiro poucas opcións tiveron as rapazas de Baio de disputar ou encontro. Non 3º cuarto volviu a ser ou cuarto non que pareceu que espertaba ou equipo de Zas pero quedou nun intento, xa que non último cuarto Calasancias defendeu outra vez con intensidade e tendo acerto novamente non tiro, fixo un parcial de 20-3. O partido aproveitouse por parte de Baio para preparar ou próximo encontro que é contra un equipo da súa liga, Compañía de María.

Liga Provincial Infantil Masculino

  • Resultado: BCA Ventorrillo, 63 - EB Concello de Zas, 11
  • Parciais: 8-2; 14-8; 10-1; 31-0.
  • Baio: David (5), Dario (2), Carla (2), Cristina (2), Alberto, Lidia, Brais e Dani.
Mal partido dos de Soneira. Comezaba mal a mañá porque a falta de 5 minutos para o comezo do partido non habia arbitros nin asistentes de mesa e falto moi pouco para que o partido suspendésese. Moito hai que agradecerlle a Sergio, xogador de Artai, que se puidese disputar este partido, no cal fixo de árbitro improvisado e sen silbato desempeñou unha empresa un tanto dificil pero dun xeito moi digno. O partido foi moi duro en todos os aspectos e a deportividade do equipo local brillou pola súa ausencia (unha defensa demasiado agresiva que por momentos no canto de estar disputando un partido de baloncesto parecia mais un de boxeo). O único xogador de Baio que rendeu a gran nivel foi David que estivo espetacular tanto na faceta anotadora como no rebote nos dous primeiros cuartos.Chegar ao descando sen nada decidido(20-10) pero un mal comezo do tecer cuarto decantou o partido para os coruñeses e o ultimo cuarto foi un paseo triunfal para en conxunto local. En resumo, xusta vitoria de BCA Ventorrillo no que ao resultado refírese pero no que se denomina deportividade (isto é tan importante ou máis que competir) o Baio foi infinitamente superior.

Vindeira cita

  • JUNIOR FEMENINO: Compañía de María - Concello de Zas: domingo 30/01/11.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Notas de prensa do Ferroatlántica Costa da Morte e do Club Baloncesto Baio-Zas.

Comentarios