Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Gran Fondo Ézaro volve converter a Costa da Morte no epicentro do ciclismo estatal

  • Guillermo García Janeiro e Sandra Alonso foron os vencedores na meta do Mirador do Ézaro
Guillermo García Janeiro ganador do Gran Fondo Ezaro 2024-Foto-Jorge Castro
Guillermo García Janeiro foi o gañador do Gran Fondo Ézaro 2024-Foto-Jorge Castro
O Gran Fondo Ézaro volve converter a Costa da Morte no epicentro do ciclismo estatal

O ciclismo popular volveu a disfrutar do seu gran día no Ézaro. Cunha participación superior á das últimas edicións (máis de 600 ciclistas), os amantes da bicicleta déronse cita ao pé da fervenza para completar un percorrido, que salvo no tramo neutralizado ata Muros, non deu tregua aos participantes.

A ruta, despois de pasar por Carnota e Muros, subíu dende Esteiro cara o Arestiño pola costa do Maio, a mesma da Baixada das Carrilanas. Adentrouse en Mazaricos por Paxareiras para posteriormente comezar a baixada por Arcos cara Noveira, pasando polo Fieiro e baixando ata Cee por Raso-brens, para volver cara o temido Alto do Ézaro.

IMPACTO

Unha cifra demostra perfectamente o impacto das probas ciclistas no turismo da zona, dando a razón a esa aposta do Concello de Dumbría de traer eventos de alto nivel deportivo como foco de atracción turística. En 2012, antes do paso de La Vuelta polo Mirador, a Oficina de Turismo do Ézaro recibía 2.000 visitas nun verán. O verán pasado foron 200.000 as persoas que pasaron pola mesma oficina…

Os gañadores e gañadoras

Guillermo García Janeiro, ciclista pontevedrés enrolado nas filas do equipo luso Sabgal-Anicolor Cycling Team e Sandra Alonso, do Ceratizit-WNT Pro Cycling, foron os mellores na cima do Ézaro logo dunha xornada de temperaturas suaves e con continuos tobogáns.

Saida do Gran Fondo Ezaro 2024
A saída do Gran Fondo Ézaro 2024

Na categoría masculina, Guillermo García Janeiro foi un dos protagonistas dunha fuga con cinco integrantes. O pontevedrés aproveitou as súas boas pernas para lanzar un ataque e chegar en solitario a pé de porto, onde marcou un ritmo constante para ser o primeiro en chegar á liña de meta. No podio estaría acompañado por Juan Vidal (Lasal Cociñas-Craega-Louriña) e Daniel García (CDM Xesteiras).

Sandra Alonso a campiona do Gran Fondo Ezaro 24-Foto-Jorge Castro
Sandra Alonso, a campiona do Gran Fondo Ezaro 24-Foto-Jorge Castro

Na categoría femenina Sandra Alonso amosou un bo estado de forma mentres prepara a súa participación no Tour de Francia. Aventaxou en máis de 13 minutos á máis inmediata perseguidora, Mónica Alarcón (Lasal Cociñas-Craega-Louriña). Completaría o podio Iria Nieto (Ciclismo Oiense).

As tres primeiras do Gran Fondo Ezaro 2024-Foto-Jorge Castro
As tres primeiras do Gran Fondo Ezaro 2024-Foto-Jorge Castro

Houbo grandes fitos como a chegada dunha bici adaptada ou a participación de moitos amantes ás dúas rodas da Costa da Morte, que conseguiron superar o reto do Muro de Formigón.

Bici adaptada no Gran Fondo Ezaro 24-Foto-Jorge Castro
Bici adaptada no Gran Fondo Ezaro 24-Foto-Jorge Castro
Costeiros no Gran Fondo Ezaro 24-Foto.Jorge Casotr
Costeiros no Gran Fondo Ezaro 24-Foto-Jorge Castro

A nota negativa da xornada foi a enfermidade de Alejandro Valverde. O excampión do mundo, afectado por un virus, viuse obrigado a poñer pé a terra ao seu paso pola saída, xusto antes de comenzar a ascensión ao Mirador do Ézaro. 

Podio do Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro
Podio do Gran Fondo Ezaro-Foto-Jorge Castro

 

MÁIS NOVAS

 

Comentarios