Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Guía para gozar o Gran Fondo Ézaro

Gran Fondo Ezaro 2023-Primer clasificado Samuel sanchez -Foto-Jorge Castro
Samuel Sánchez intentará repetir o título do ano pasado -Foto-Jorge Castro
Guía para gozar o Gran Fondo Ézaro

Máis de 600 deportistas de 12 nacionalidades sairán da enseada do Ézaro este domingo 7 de xullo ás 9:00h da mañá, para facer o Gran Fondo Ézaro. Unha proba máis que asentaba no panorama estatal e internacional que ten o Alto do Ézaro xa como icono do ciclismo mundial, con rampas míticas que chegan ao 30% de desnivel como o coñecido “Muro de Formigón”¡.

Dous dos máis destacados serán Alejandro Valverde e Samuel Sánchez, pero tamén estarán Sandra Alonso, Fran Ventoso, Óscar Pereiro ou Álvaro Pino, lendas da historia do ciclismo español. Todas elas, e tamén os centos de ciclistas anónimos que se animan a este desafío, terán que superar, ademais do Mirador, o Alto de Arestiño e o Alto da Ruña, os dous picos que preceden o final de etapa.

Impacto

Unha cifra demostra perfectamente o impacto das probas ciclistas no turismo da zona, dando a razón a esa aposta do Concello de Dumbría de traer eventos de alto nivel deportivo como foco de atracción turística. En 2012, antes do paso de La Vuelta polo Mirador, a Oficina de Turismo do Ézaro recibía 2.000 visitas nun verán. O verán pasado foron 200.000 as persoas que pasaron pola mesma oficina…

Cortes de tráfico

A proba sairá ás 9:00h do Ézaro cara Carnota (hora estimada 9:39) e Muros (10:15). Xa en Esteiro xirará á esqueda pola DP-5305 (10:56), subindo o Arestiño pola costa do Maio, a mesma da Baixada das Carrilanas, chegando ao cumio ás 11:12.

En Lestaio collerán cara Valadares e despois collerán xa dirección Paxareiras. En Suevos virarán cara Coiro e Beba, pasando despois pola Igrexa de Colúns, onde comeza o porto Alto da Besteira. Ao chegar ao Miradoiro Frei Martín Sarmiento (12:20) comezará a baixada por Arcos cara Noveira, pasando polo Fieiro (12:31), San Crimenzo, Xestosa, Anseán, e collendo o cruce cara Cee. En Raso (13:14) aínda toca subir o porto de Ameixenda (13:23), para afrontar a subida dende a fervenza do Ézaro (13:34), con horario estimado de chegada arriba ás 13:39.

Cortes de Tráfico

 

Máis novas

Comentarios