O baiés Jose Gándara Martínez e o eterno Ricardo Pérez y Verdes, protagonistas da Liga Nacional de Billarda
O campo do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), situado na vila de Ponteceso, acollía esta pasada fin de semana a 14ª xornada da Liga Atlántica de Billarda.
Unha xornada especial, que comezaba con dúas homenaxes. A primeira, foi a entrega dun detalle ao baiés Jose Gándara Martínez, polas sus 100 Xornadas de Billarda. De seguido, o saque de honra foi a cargo do Director do Museo do Xogo MELGA, un Ricardo Pérez y Verdes, que pasa por verdadeiro mantedor da cultura do xogo tradicional.
Antes de comezar, pasou o que está a pasar continuamente este ano, pero como é necesario estar federado, non se permite. Unha parella de Denver, Colorado (EEUU) achegábase para aprender e botar uns paus, comparando a billarda cun xogo americano chamado “dainty”. Puideron lanzar un par de veces, pero non puideron medir a súa habilidade cos expertos galegos.
A xornada pontecesá da Liga de billarda tivo dous nomes protagonistas: o baiés Jose Gándara Martínez, que suma 100 Xornadas de Billarda; e o Director do MELGA, Ricardo Pérez y Verdes, que así fixo o saque de honra.
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) May 24, 2022
A crónica completa aquí: https://t.co/O3cWWeRSX8 pic.twitter.com/bmF1RhioWI
Podios
Finalmente na categoría absoluta, gañou X. Collazo (Campo da Feira-Paiosaco), por diante de Xan Rodiño (Lúa de Forza - Sanxenxo) e David (Cochiquelros-Cerceda).
Na feminina vencía Mercedes (APB-A Laracha), por diante de Marisa (Lua de Forza-Sanxenxo) e Sonia (Cochiqueiros-Cerceda).
Ademais, en Infantil, A Laracha é potencia, como o demostra o podio completo: Lucas (Campo da Feira-Paiosaco), Abel (Campo da Feira-Paiosaco) e Kevin(APB-A Laracha).
O Campo da Feira de Paiosaco gañou por equipos.
Despois da xornada houbo un ágape degustación de empanadas de nécoras e bacallau con castañas doces, tarta de almendra e sobremesa que trouxeron de Baio, a familia de Valentín. Tamén, foi a presentación oficial da sidra Mirándara, elaborada por Miranda e Gándara, dous xogadores de Filloas de Sangue.
A próxima xornada será na Laracha e será a penúltima xornada desta temporada.
Novas relacionadas
- Xaneiro 21: A billarda ten relevo relevo xeracional na Laracha.
- Novembro 21: Paiosaco domina a Liga Atlántica de Billarda.
- Outubro 21: Bergantiños manda no mundo da Billarda.
- Xuño 21: Laxe acolleu unha singular e divertida xornada da Liga de Billarda.