Lucía Pazos segue sumando medallas estatais

A medalla estatal cada 15 días vai Lucía Pazos neste comezo de temporada. A judoka de Merexo, Muxía, volveu subir ao podio na Copa de España “A” de Las Palmas Junior. Conseguiu a medalla de prata rras impoñerse con superioridade nos seus primeiros combates e só ceder na final ante a representante canaria.

A costeira suma así outro gran resultado e se mantén entre as tres primeiras do ranking estatal de cara á clasificación directa para el Campeonato de España Junior.
Cómpre lembrar que Lucía compite nunha categoría superior, porque malia ser aínda cadete (sub18) está colleitando estes éxitos en Junior(sub21), sendo xa unha referencia en todo o estado en -57 kilos.
Tamén acodiu á cita a Naira Blanco. A carballesa segue medrando nas competicións, se ben non puido subir ao podio.
NOVAS RELACIONADAS
- Novembro 22: Lucía Pazos consegue medalla tamén no Internacional de Avilés.
- Outubro 22: Lucía Pazos colócase 3ª do ranking nacional
- Outubro 22: Lucía Pazos arrinca a tempada con outro metal nun Campionato Estatal.
- Xuño 2022: Lucía Pazos pecha esta incrible temporada cunha nova medalla estatal.
- Maio 2022: Lucía Pazos segue sumando medallas nacionais.
- Maio 2022: Lucía Pazos sobe ao podio nacional.
- Marzo 22: Lucía Pazos suma o seu terceiro podio nun mes.
- Marzo 22: Lucía Pazos vence o sector estatal e se clasifica para o Campionato de España.
- Marzo 22: Lucía Pazos, campiona galego Junior; Aroa Blanco, bronce na Copa de España Infantil.
- Novembro 21: Os muxiáns Lucía Pazos e Samuel Méndez triunfan en categorías superiores.
- Outubro 21: Aroa Blanco e Raúl Ponte subrion ao podio da Copa de España Infantil de Judo.
- Xullo 21: Samuel Méndez proclamouse campión galego junior de Taekwondo.
- Xullo 21: Lucía Pazos, a mellor española da Copa Internacional de España de Judo Cadete.
- Maio 21: Naira Blanco e Lucía Pazos triunfan na Copa de España Junior sendo aínda cadetes .
- Abril 21: Samuel Méndez volve coa medalla de bronce na Copa de España Junio de Taekwondo.