mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Bm. Camariñas ve alonxarse o ascenso malia non fallar

O Bm. Camariñas ve alonxarse o ascenso malia non fallar

Bo partido o disputado este sábado no Pabellón Monte da Vila de O Grove polo Bm. Camariñas. Un Camariñas escaso de efectivos, debido a lesións e compromisos laborais, fíxose cos 2 puntos no sempre complicado domicilio do Rasoeiro.
Ascende unha posición e xa se pon 3º trala derrota do Granitos Ibéricos co Seis do Nadal, quedando así a 4 puntos dos líderes, Bm. Pontevedra e SAR, iso si, con só 6 en liza.

Pola súa banda, partido moi difícil para o Calvo Xiria en Asturias, xaque á calidade do seu rival tiña que engadir as baixas cas que se desprazaba a Xixón -un verdadeiro lastre esta tempada para os carballeses que non puideron contar ca plantilla ao completo en ningún partido este curso- e o feito de que os locais tentan esgotar as súas opcións de entrar no grupo de equipos con opcións de xogar a fase de ascenso.

1ª Autonómica, Fase polo título, xornada 11

  • Resultado: Bm. Rasoeiro - Balonmán Camariñas (20-26).
  • BM. CAMARIÑAS: Víctor e Alex, Marcos Bao, Borja (7), Catalán (6), Jacob, Perón (6), Damián (2), Antelo (1), Fran Varela (2), Carlos Pereiro (2).

O partido apenas tivo historia, xa que o Conservas Aboiar dominou o encontro desde o minuto 1 mantendo diferenzas de ata 10 goles no marcador, administrando en todo momento o "tempo" do partido, con moi boas intervencións da portería defendida por Víctor e Alex, correspondidas polo mellor do partido, que foi o porteiro local Solla, que deu unha lección baixo os paus, como case sempre.

Os 4 puntos que separan ao Camariñas da cabeza, cada vez parecen mais difíciles de salvar, xa que soamente quedan 3 partidos para finalizar a liga e son 6 os puntos que quedan en xogo. As esperanzas non se perden e hai que estar aí de cara ao final de tempada. O sábado día 6 de abril recibiremos ao 6 do Nadal de Vigo.

1ª Estatal, xornada 22

  • Resultado: COVADONGA - CALVO XIRIA (36-27).
  • Marcador: 5-2, 8-4, 11-9, 13-10, 16-13, 20-14 (descanso); 21-17, 24-20, 26-22, 31-24, 33-26, 36-27 (final).
  • Calvo Xiria 27 (14+13): Kike [p], Ramón (2), Jesús (1), Chimpo (8), Brais, Manuel (3), Sergio (1) -equipo inicial- Iago [p], Pablo (12), Dubra, Mario, Calvete.

O inicio do partido marcou o desenvolvemento do mesmo. De saída os xogadores verdibrancos non estiveron demasiado atinados nin en ataque nin moito menos en defensa. Aos sete minutos o marcador sinalaba un preocupante 7- 2. A partir dese intre o Xiria tentou meterse no partido, e estivo a piques de logralo con varios balóns para situarse a un so gol dos locais, pero non foi quen de rematar a súa remontada e os xixoneses rompérono de xeito definitivo xusto antes do descanso.

Unha mágoa que todo o traballo feito polo Calvo Xiria neste encontro non dera outros froitos, pero a falla de recambios en certos postos pasou factura en forma de desgaste físico, e con este chegaron os erros e as precipitacións que axudaron, e moito, a sentenciar o encontro.

Agora vén un novo parón no que agardamos que se poida recuperar algúns dos xogadores carballeses lesionados para así afrontar con mellores armas os catro últimos partidos de liga.

Vindeira xornada

  • 1ª Estatal: CALVO XIRIA - CAFES TOSCAF: 06/04/2013 ás 18:00 no P. ZONA ESCOLAR DE CARBALLO.
  • 1ª Autonómica: BM CAMARIÑAS - Hierros Miguel SEIS DO NADAL - COIA: 06/04/2013.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.

Comentarios