Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Ponteceso, a corporación que pide diálogo pero non se fala

Os edís non adscritos presentan un comunicado, apelando á Provincial Socialista e lembrando que van recorrer a sentenza da Secretaria ante a Xustiza
Concelleiros da oposicion presentando a mocion de censura
Concelleiros da oposición presentando a moción de censura o pasado sábado
Ponteceso, a corporación que pide diálogo pero non se fala

Despois dos últimos episodios do serial municipal pontecesán (nn pleno sen concelleiros, a presentación dunha moción de censura e a súa inmediata anulación, o proceso de desafección municipal non parece ter parada.

Cando a oposición presentaba a moción pola falta de diálogo e consenso do alcalde, agora o alcalde asegura nunha declaración institucional que hai que facer “borrón e conta nova” afirmando que ten as “portas abertas ao diálogo”. Faino, iso si, ao tempo que ratifica a decisión da Secretaria de anular a moción acusando de “tránsfugas” aos edís non adscritos. Un calificativo co que non concordan os edís saíntes do PSOE, porque consideran que foron expulsados unilateralmente por unha secretaría provincial que nin lles deu audiencia.

Agora, a oposición terá que recorrer ante a Xustiza a decisión da Secretaria, meténdonos en prazos administrativos e xudiciais que poden supoñer meses.

Mentres, os non adscritos envían este comunicado, no que apelan á Provincial Socialista, lembrando que van recorrer a sentenza.

Comunicado dos non adscritos

A maioría das opcións que tiñamos para liberar o pobo de Ponteceso de este alcalde foron intentadas e loitadas con todas as nosas ansias pero lamentablemente, a nosa loita non tivo o final que tanto ansiabamos.

Eramos coñecedores de que a lei non estaba da nosa parte xa que existe un artigo que deixa sen validez os nosos votos e niso fundamentanse para tumbar a moción de censura presentada o luns. Aínda así, presentámola porque non perdiamos nada, porque tiñamos consenso con toda a oposición e porque os veciños pedían e merecían que o intentásemos e poder liberar o pobo de un dictador. Lamentablemente o resultado foi negativo gracias a que a persoa encargada de darlle paso valorou e informou de maneira que non se pode nin chegar a debatir e que logo o decida un xuíz. Esta persoa que se adiantou e emitiu un informe meses antes de ter o expediente sobre a mesa, o cal deixou en evidencia a transparencia dos procedementos municipais.

A situación despois de todo isto non cambiou, o Sr. Alcalde vese coma o claro vencedor da película cando segue sendo grupo con clara minoría. Nas súas declaracións persoais (que por certo, divulga nos perfís oficiais do Concello nas Rrss) chama a cordura e só nos queda dicirlle que siga facendo autoexame, porque que a lei o ampare e permita que siga sendo o alcalde de Ponteceso non quere dicir que as 10 persoas que conforman o pleno xunto con el están de acordo en que vostede non está capacitado para gobernar, porque nin sabe dialogar nin sabe xestionar e moito menos sabe de transparencia, que é o que lle levamos esixindo hai mais de un ano. Sexa consciente de que a alcaldía pode mantela pero a maioría non a ten e debería cambiar a súa estratexia se quere que Ponteceso non quede sumido nunha parálise durante dous anos que lle quedan de mandato. Porque será vostede o único culpable de tal situación. Non imos acceder a chantaxes, a mitins improvisados nin menosprezos persoais nas sesións plenarias nin a bloqueos de ningún tipo. Comece por proporcionar a información que lle sexa solicitada se quere levar a cabo as mocións, comece por dar trámite as mocións solicitadas e suxerímoslle que cambie ese trato que recibimos pola súa parte porque aínda coa alcaldía, vostede ten unha oposición de 10 persoas frente a tres do grupo de goberno, das cales precisa se quere que Ponteceso non quede sumido no bloqueo. Estas 10 persoas, ao igual que vostede, tamén foron votadas e teñen unha acta a cal tamén foi acadada polo voto dos veciños e polo tanto tamén son a representación dos mesmos pese a non dicir o que vostede quere oír.

A única baza que nos queda é a do partido, a do PSdeG, de que sexa consciente de que prioriza a un alcalde fronte a todo un pobo, a un alcalde que fala de inversións de 2.000€ mensuais en prensa, fala de “pedir tickets a locales de confianza”, despreza aos propios traballadores do concello, duplica facturas cos empresarios amigos, etc.

Esa é a representación que teñen en Ponteceso baixo as suas siglas e permiten que siga gobernando sen ningún tipo de consecuencia e sendo os veciños os que paguemos as consecuencias de toda esta turbia xestión. Se realmente lle importara Ponteceso xa o terían apartado do seu posto, e cesarían con este espectáculo deplorable no que o alcalde é o protagonista principal.

  • Asdo.: Edís non adscritos.
 

Novas relacionadas

Comentarios