Mércores. 09.10.2024
El tiempo

6 edís do goberno municipal de Ponteceso piden, por escrito, a dimisión do seu alcalde

PSOE de Ponteceso tras ganar as eleccions de 2019
Imaxe da festa do PSOE de Ponteceso tras gañar as eleccións de 2019
6 edís do goberno municipal de Ponteceso piden, por escrito, a dimisión do seu alcalde

Non valeu para nada a reunión convocada polo alcalde Lois Carballido, co seu grupo de goberno o pasado venres. Á saída, 6 dos 8 edís (contando co alcalde) da agrupación socialista local, confirmaban as ameazas e presentaban un escrito para pedir a dimisión do alcalde formalmente.

Oe edís critican que Carballido se lembrase tan tarde deles “despois de case un ano e medio de conflitos internos na procura dunha solución para poder xestionar o noso concello”. Critican tamén que non houbo resposta a pesar de telo posto en coñecemento da Agrupación Local e da Provincial…

Valoran a xuntanza do pasado venres como “unha máis desas reunións tardias dicindo que as cousas van cambiar…” O que si cambiou é que para os edís xa non é un problema de “relacions internas senón que afecta aos nosos autónomos e aos nosos veciños e veciñas”.

Por todo iso piden formalmente a dimisión “porque a sua xestión estanos levando a ruína”.

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Comentarios