Venres. 19.04.2024
El tiempo

A concelleira Raquel Fondo critica que o alcalde pontecesán se lembre tan tarde do seu grupo de goberno

Raquel Fondo con Lois Carballido nunha foto do 2019
Raquel Fondo con Lois Carballido nunha foto do 2019
A concelleira Raquel Fondo critica que o alcalde pontecesán se lembre tan tarde do seu grupo de goberno

Continúa a forte marexada no seo do PSOE de Ponteceso, apenas uns días despois de que 6 dos 7 edís socialistas do grupo de goberno de Ponteceso lle pedisen a dimisión ao seu alcalde. Hoxe é a Concelleira delegada de Turismo, Deporte, Festexos e Dinamización Económica, Raquel Fondo, a que quere deixar constancia do seu malestar con Lois Carballido, cun novo comunicado, despois de coñecer que o alcalde vainos convocar para unha reunión este venres.

”Está ben que despois dun ano e medio, o señor Carballido se acorde que o equipo de goberno non está só formado por el, iso que se lle recordou en numerosas ocasións, entre elas o pasado sábado 26 setembro dado que a pesar de que había un pleno extraxudicial no que se incluían facturas dos nosos autónomos, non contou con nós para nada. Iso si, para botarnos a culpa de que non cobraban parece que estábamos aquí formando parte do pleno”, lamenta Fondo.
“Pois Sr. Carballido, se realmente lle importasen os veciños e, entre eles especialmente os autónomos, igual non tiñan falla de chegar esas facturas a pleno... explique como están as contas e déixese de reunións tardías e pense por unha vez na confianza que todos depositamos en vostede no seu día”, critica, facendo referencia a que esas facturas xa se estarían pagando moi tarde.

”Nós sempre estaremos de lado dos nosos veciños e especialmente dos nosos empresarios que xeran riqueza no noso municipio”, sentenza, unha das concelleiras que en principio si que acodirán á reunión.

Novas do caso #PSOEPonteceso

Comentarios