Corme colleu o Tren da Unha cara o aninovo


A vila de Corme non quere que se repita o acontecido hai uns anos cando marchou a luz durante unha noite de fin de ano, de xeito que se viron obrigados a recurrir á radio ou a outros medios, e non á habitual cita televisiva coas badaladas da Porta do Sol.
Desde xeito, a pasada fin de semana celebraron as Festas dos Remedios, coas que deron a benvida o sábado ao seu particular aninovo. A primeiras horas da noite as rúas do casco urbán de Corme enchéronse de mozos e mozas vestidos coas súas mellores galas para despedir 2011.
A praza da Ribeira encheuse de xente para desfrutar da sesión musical, que estivo nas mans do grupo Acirema e O Tren da Unha de Laxe. Ás 01:00h os teclados fixeron de campás e deron as badaladas. Toda a praza degustou as tradicionais uvas e brindou ao remate, como se fose 31 de decembro.
A festa continuou ata altas horas da madrugada cos laxenses de O Tren da Unha, convidados habituais desta festa en Corme. Os Piticas, Víctor, Tom,… tocaron todos os seus grandes éxitos, recollidos en dous discos, entre os que salientan La Braguita, O Botellón, Marylin ou A Marajota. Tamén houbo tempo para bailar O Pirimpimpín ou O Polvorete.
A noite pechou cunha sesión de Dj’s e con boa parte do público mozo na procura dun chocolate quente con churros.
Novas relacionadas
- Traba vibrou co Parga.
- Os versos erotizan Malpica.
- O boneco Stabry deuno todo nas festas da Barquiña.
- Ponteceso perde a capitalidade das noites de copas.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Fonte
- Redacción de Fran Lago para QPC (franlafo@quepasanacosta.gal).