mércores. 30.04.2025
El tiempo

Deputación e concellos xuntáronse para avanzar no proxecto do Parque de Megalitismo da Costa da Morte

  • Entre outras cuestións, aprobouse a adhesión do Concello de Cee ao proxecto e tamén a creación dun comité científico e técnico
Xuntanza Parque Megalitismo
Deputación e concellos xuntáronse para avanzar no proxecto do Parque de Megalitismo da Costa da Morte

Pequenos pasos vai dando o proxecto do Parque de Megalitismo da Costa da Morte. Este mércores 9 de outubro 2024 houbo unha nova xuntanza na Casa da Cultura de Ponteceso entre a Deputación e algúns dos concellos que forman parte do Parque de Megalitismo da Costa da Morte. O deputado de patrimonio, Xosé Penas; o xefe de arquitectura da Deputación, Daniel Beiras e o xefe de departamento de patrimonio, Fernando Pérez San Vicente, reuníronse cos alcaldes, alcaldesas e persoal técnico dos concellos implicados para abordar o estado actual do proxecto e definir os seguintes pasos.

A Deputacion trasladou que será a encargada de facer os estudos previos de adquisición de fincas no caso do bens que sexa necesario mediante licitación do servizo e despois serán os concellos os encargados de executar a mesma.

Tamén se aprobou a adhesión do Concello de Cee, novo integrante do proxecto, e a creación dun comité científico e técnico que estea integrado por profesionais da Xunta de Galicia; as dúas universidades da provincia (A Coruña e Santiago de Compostela); a Deputación e, de ser o caso, persoal técnico dos concellos das áreas de arqueoloxía e/ou turismo.

Outro dos temas abordados foi a posta en marcha de materiais divulgativos sobre o parque, como dípticos, e tamén a necesidade de apostar pola comunicación a través da creación dunha páxina web específica, así como perfís propios nas diferentes redes sociais.

Ademais, fíxose referencia ao futuro centro de interpretación. Neste sentido, acordouse que, chegado o momento, se utilizase o de Dombate, xa existente, pola súa situación de centralidade xeográfica e tamén por tratarse do principal elemento megalítico da Costa da Morte.

NOVAS SOBRE O PARQUE DO MEGALITISMO

Comentarios