Vimianzo solicita a inclusión do Castro das Barreiras no Parque Arqueolóxico do Megalitismo

Segue dando pasos, moi paseniño, o proxecto do Parque do Megalitismo. O último acaba de darse en Vimianzo, onde a sesión plenaria deste mércores 29 de maio aprovou por unanimidade solicitar á Deputación da Coruña a incorporación do Castro das Barreiras ao Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
Trátase dun xacemento de especial interese, localizado na parroquia de San Xoán de Cambeda, en pleno val de Vimianzo.
O conxunto está considerado polos expertos unha xoia dentro do noroeste peninsular tras retomarse no ano 2018 as escavacións arqueolóxicas, coa apertura dunha árena na que hoxe é posible observar os restos de catro construcións domésticas e outros muros de difícil adscrición funcional.
O obxectivo é conseguir máis financiamento e definir a actuación en materia de promoción e divulgación dos traballos realizados.
NOVAS SOBRE O PARQUE DO MEGALITISMO
- Outubro 23: O Consello Director do Parque do Megalitismo da Costa da Morte focaliza os seguintes pasos na difusión.
- Novembro 21: Coristanco súmase ao Parque do Megalitismo co dolmen de Chan das Embarradas.
- Xuño 21: Xornadas de Promoción: Pondal fainos reflexionar sobre o potencial do Parque do Megalitismo.
- Maio 21: O Parque do Megalitismo avanza coa organización dunhas xornadas e o acordo para sinalizar os 17 momumentos
- 12-04-21: A Deputación e 10 concellos intentan o impulso definitivo ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte tras 20 anos de promesas.
- Decembro 2020: A pandemia tamén provocou o eterno retraso do Parque do Megalitismo.
- Novembro 2018: O Parque do Megalitismo dá pasos concretos.
- Marzo 2018: A Deputación recupera do caixón do esquecemento o Parque do Megalitismo da Costa da Morte:
- 2014: O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
- Outubro 2011: Pasiño a pasiño co Parque do Megalitismo.
- Xullo 2008: Un paso máis cara a aprobación final do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.