Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Ecocomedores abren as portas ás familias

Degustacion ecocomedores en familia CEIP POnteceso 2
Os Ecocomedores abren as portas ás familias

Continúa o proxecto dos Ecocomedores - Km Costa da Morte espallando a súa proposta para os comedores escolares da comarca. Un proxecto que aproveita as cociñas dos centros de ensino, e a gran cantidade de produtos de primeira calidade que temos na comarca, para ofrecer un menú de proximidade de máxima calidade nutritiva ás nosas crianzas.

Para velo de preto, varias das cociñeiras costeiras participantes na Rede Chef2030 vén de elaborar un menú que quere que probedes en familia. Por iso, invitan a todas as familias que o desexen a degustar o menú este sábado 15 de outubro no CEIP Eduardo Pondal entre a 13:30h e as 14:30h.

O menú estará composto por unha crema de verduras de inverno, macarróns lentellesa e pastel de remolacha con algarroba.

Podes inscribirte neste formulario online a esta actividade gratuíta.

Coordinado polo colectivo “Menjadors ecològics” xunto co GDR Costa da Morte, o programa trata de impulsar un circuíto curto na Costa da Morte para o abastecemento das cociñas colectivas dos colexios, xerando un compromiso coa produción ecolóxica e/oude proximidade.

Novas relacionadas

Comentarios