A Arroutada de Lóstregho, xa en vinilo

11:58 22/04/22
Tras actuar na Reserva, no Tronko Bar de Pontevedra, no Centro Social Okupado do Sar, tras saír en podcast como o Galicia Metálica, e esperarando polo Festiletras, a banda de Ponteceso Lóstregho acaba anunciar o seu primeiro EP.
“Arroutada” (con portada de @jelly.billy, e con pelotazos como "Zarpazo” ou "Dardos”) aínda non está á venda, pois sairá á venda o 3 de xuño, con presentación especial o día 4 nun dos seus sitios fetiches, A Eira.
Por agora, xa podedes reservar un dos poucos vinilos que van saír, en lugares como A Eira Bar - Ponteceso; o Bar Escaravello - Laxe, a Taberna A Torriña - Corme, o Pub Leño - Malpica ou a Taberna O Patacon - Carballo.
Non perdades a entrevista completa en Galicia Metálica:
NOVAS RELACIONADAS
- Rouco Son, unha nova revista para espallar o metal e rock galegos.
- Xaneiro 22: Teima lanza unha necesaria versión metaleira de “Túa nai é meigha”.
- Outubro 21: Lóstregho lanza un novo "Zarpazo”.
- Marzo 21: Lóstregho lanza "Dardos", o seu primeiro zarpazo.
- Marzo 21: Teima, a banda de metal soneirá, saca novo tema sobre a vaga de lumes.
- Abril 2020: Teima aproveita a corentena para “Aprender”.