Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Marco Varela a Carballido: "Non por estar no goberno es un Dios"

Marco Varela e Lois Carballido
Marco Varela e Lois Carballido
Marco Varela a Carballido: "Non por estar no goberno es un Dios"

No marco da crise de goberno en Ponteceso, este sábado 1 de agosto chegan tres escritos. Un deles é o de Marco Varela, edil de APIN, que lle manda esta carta aberta directa a Lois Carballido para responder a todo o que está a facer e unha vez que o alcalde decidiu retirarlle a palabra nos plenos.

Carta de Marco Varela

Att/ Sr. Carballido.

Señor Carballido, dirixome a vostede en primera persoa para dicirlle e pedirlle que non ten falta de dirixirse o Sr. Eiroa en 1ª persoa como culpable do que lle está a pasar, e se lle digo isto é porque nós somos APIN, un grupo de veciñ@s que nos importa este noso Concello, un grupo de veciñ@s no que collen todo tipo de ideas e colores. Se lle digo esto, non é para saír en defensa de José Manuel (xa el se sabe defender soíño, de feito publico isto sen falar con el), senón que é para dicirlle que el como portavoz que é do grupo, transmite o que todos pensamos e decidimos, porque, a diferencia súa, Sr. Carballido, nós traballamos en grupo, decidimos en grupo, consensuamos, no se fai nada sen comunicar a todos os compañeiros de partido, e despois actuamos ou transmitimos o que se acorda nas nosas reunións. SI SEÑOR CARBALLIDO, traballamos como un equipo, cousa que vostede non sabe o que é, porque sufrimos en primeira persoa a súa forma de traballar e manexar un equipo. Entón, por favor, se alguén cre vostede que é culpable, e se é APIN, e non o Sr. Eiroa como vostede di. Aquí non se trata de vinganzas persoais nin nada que se pareza, senón que igual que fixemos os catro anos de goberno, temos que intentar frenar os seus impulsos (pois todo vai por impulsos) e isto, como lle dixen no seu día, hai que marcar un liña a seguir, un rumbo, e ir todos do mesmo lado.

Dito isto, tamén quería facerlle unha pregunta: Como, e cando estivo vostede 3 anos sen cobrar?? Se lle pregunto é porque (que eu sepa, igual me equivoco) os anos todos que di que leva na política local foi empezando na oposición (aí non se cobra, igual quería tamen cobrar), e logo foron catro anos no goberno tripartito mais este que acaba de cumprir na presente lexislatura. Entón nos primeiros catro anos recórdolle (por si se olvidou) que cobrou dous anos o Sr. Eiroa (soldo de mestre) e dous vostede. E se foi así, é porque así se decidiu no pacto de goberno. Pero indo máis aló tamén podo dicir aos veciñ@s que si non cobrou foi porque o seu propio partido non lle deixou despois de publícalo a toda voz en campaña que non cobraría, aínda que vostede xa quería cobrar dende o primeiro día. Entón, por favor, Sr. Carballido deixe de tanto mentir e mentir, de estar enganando continuamente a xente e dedíquese a mirar os seus propios erros, PORQUE OS TEN EHH (como temos todos). Ten un problema para ocupar o lugar que ocupa, un problema que ano tras ano segue demostrando que non ser capaz de arreglar, o problema de respetar a súa xente, os seus compañeiros e saber levar un grupo que lle deu a alcadía. SIII, A ALCALDIA, porque se vostede está aí non é polos seus propios méritos, senón gracias a un traballo do goberno anterior e o aporte dos “seus” novos compañeiros de partido, pois entre todos foron/fomos quen de poñelo no tan ansiado posto de Alcalde do noso Concello.

Vou permitirme darlle un consello, digo permitirme porque aínda que algo estudiei non teño carreira como vostede, cousa que parece que é moi importante, xa que está a recalcalo continuamente a outros que non a teñen e parecen/parecemos seres inferiores. Pero tamén lle teño que dicir que os estudios non dá o respeto nin a educación, iso gánase. Pero o dito, o meu consello é que se quere seguir sendo ”xefe” de equipo faga un curso de liderazgo, porque para eso tamén hai que valer. Como lle dixen no seu día, a igual que no deporte, é tan importante saber perder como saber gañar, e teño que dicir que lle prestou moi mal esta maioría, non sabe gañar, non asimila que as vitorias son dun equipo e non de un.

Remato cunhas verbas que dixen no seu día a certas persoas do Concello e outras de fora cando entrei como parte do goberno e empecei a notar que me trataban dun xeito moi distinto; “eu era Marco antes de entrar, son Marco, e quero seguir sendo Marco cando marche”. Con isto quero dicir que non por estar no goberno eres un Dios, porque non o eras antes nin o serás despois, eres un veciño o servizo dos veciños, e a humildade é moi bonita. Porque sair pola rúa e seguir falando coa xente de sempre non ten prezo.

Saúdos Sr. Carballido.

  • Asdo: Marco Varela (concelleiro de APIN).
 

Novas do caso #PSOEPonteceso

Comentarios