Martín Varela enrosca LaTuerka para ir á Río a base de risas
Simpática, iso seguro, vai ser a festa que a xente de La Tuerka 27 lle vai adicar ao bo de Martín Varela. Xa temos falado dos problemas económicos deste cormelán, un dos mellores deportistas da Costa da Morte. I é que non todos teñen opcións de acodir a unha Olimpiada, neste caso a Paraolimpiada de Río 2016.
E Con Martín a Río 2016 nace para conseguir termos representación en Brasil 2016. Trátase dunha Gala de Humor, contando con grandes da escena galega, para recadar fondos e que Martín poida tanto competir nos torneos internacionais que lle fan falta para acadar a clasificación, como para poder viaxar ata Brasil, unha vez que para as administracións non é deportista de élite…
John McEnroe ou Daniel Currás?
Para que comprobedes o tirón que ten Martín entre os artistas de toda Galicia, a promoción da festa vén cun protagonista moi mítico da escena galega. Con el sobre o escenario, sacando as risas de todos os espectadores, estarán David Perdomo, Víctor Grande, Isabel Risco, Yésica Val, xunto cun tenista de primeira orde, John McEnroe ou Daniel Currás?
Reserva a túa entrada ou axuda na recadación ca Fila 0
Xa sabedes que os artistas actuarán de balde e a recadación servirá para termos un tenista en Río. Podes ir mercando as túas entradas, e se queres colaborar con Martín e non podes asistir á Gala podes facelo donando 15€ na Butaca Cero no seguinte número de conta 2100 6324 09 0200020564.
Entrevistas con Martín Varela
- David Castro fala con Martín Varela, un dos mellores deportistas da Costa da Morte.
- Entrevista de David Lourido: Martín Varela: “Para a Xunta non son deportista de alto nivel”.
Máis información
- Con Martín a Río 2016.
- Comprar entradas ou Fila 0 para a Gala de Humor por Martín Varela.
- martindecorme.blogspot.com.
- Páxina de Facebook de MARTÍN VARELA DOURADO.
Novas relacionadas
- Agosto 2014: Martín Varela segue o camiño cara Brasil 2016 gañando os dobres no Open Internacional de Miranda.
- Xullo 2014: Martín Varela comeza o seu desafío para chegar ás Olimpiadas de Río 2016.
- Xuño 2014: Martín Varela pelexou polas medallas da Copa do Mundo coa Selección Española.
- Maio 2014: Martín Varela preparará o Campionato do Mundo co torneo da casa.
- Abril 2014: Martín Varela volve á Selección Española para disputar o Campionato do Mundo.
- Marzo 2014: Martín Varela volve á competición.
- Xuño 2013: Novo doblete de Martín Varela en Zaragoza.
- Abril 2013: Unha festa para mandar a Martín Varela ao Campionato do Mundo.
- Setembro 2012: Martín Varela pecha a tempada a golpe de títulos.
- Xuño 2012: Martín Varela e a Selección Española petan con Asia.