Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Novas casas do Maior para Dumbría, Fisterra e Ponteceso

Visitando a Casa do Maior do Couto-Ponteceso
Visitando a Casa do Maior do Couto-Ponteceso
Novas casas do Maior para Dumbría, Fisterra e Ponteceso

Segue potenciando a Xunta as Casas do Maior, esa iniciativa baseada nas persoas autónomas, que trata de paliar a carencia de residencia de maiores e centros de día en todo país. Unhas Casas do Maior eficaces, positivas para lugares pequenos, pero que son insuficientes (apenas contan. con 5 prazas cada unha) para cubrir todas as necesidades que hai no país para o coidado dos nosos maiores.

En todo caso, son boas novas a creación de 5 novas Casas do Maior na Costa da Morte, entre as 20 novas que se crean na nova resolución da Xunta en todo o país: dúas en Dumbría, dúas en Fisterra, e outra en Ponteceso.

Galicia rematará o ano con 143 casas do maior. 

Comentarios