xoves. 01.05.2025
El tiempo

O percebe e a troula triunfaron a partes iguais na Festa do Percebe do Roncudo

O percebe e a troula triunfaron a partes iguais na Festa do Percebe do Roncudo
Troula e gastronomia na Festa Percebe do Roncudo de Corme 2015

Hai quen ten medo porque xa parece máis un macrobotellón que unha festa gastronómica. Pero a realidade é que a Festa do Percebe do Roncudo é unha referencia en toda Galicia, tanto pola súa gastronomía como pola súa troula. As dúas festas teñen a súa cabida, e así o demostra esa mestura de cativada, mocidade e xente maior.

Non é que os mozos non proben os percebes, que os zampan de moi boa gaña. Pero moitos é certo que veñen de toda a provincia pola sona desta festa singular, que fai da praza do porto e de toda a vila unha pista de baile. Todos os visitantes quedan alucinados polas camisetas de cada pandilla, e son moitos os que xa chegan armados, por segunda ou terceira vez, coas súas camisetas específicas para o Percebe, como cada un dos grupos de amigos da comarca bergantiñá, para os que o Percebe é unha cita ineludible.

As pandillas de Corme coas sumas camisetas do Percebe-Fotos-Fin Lema Percebes e polvo na Festa de Corme-Foto-Adriana Equipaxedeman

De toda Galicia veñen a probar o rei do marisco nesta 23ª edición desta Festa de Interés Turístico Galego. Desta volta non se chegaron aos 1000 kg de percebe, pero por pouco. 2.500 racións (a 17€) xa lle chega para darlle de comer a unha marea de xente. Quedar, non quedou un só percebe.

Foi Suso Lista, por fin, o pregoeiro desta a súa festa por antonomasia, coma a de todos os cormeláns. O escritor, que está xusto na publicación do seu segundo libro, e coma ben sabemos, non tivo pelos na lingua. Falou moito en clave positiva, porque esta festa e estes percebes sábenlle moito a este ex percebeiro que cambiou a ferrada pola pluma. Pero tamén tivo algún que outra palabra para a administración, pedindo interese polo mar á presente Conselleira.

Suso Lista foi pregoeiro na sua casa_Foto-Angeles Boutureira A conselleira de Mar meteuse Na cocina da Festa do Percebe do Roncudo

Toca esperar, un ano enteiro, porque volva a Festa do Percebe do Roncudo!

Galerías das Festas do Percebe do Roncudo

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios