Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O voceiro do PSOE de Ponteceso denuncia que o Concello non lle outorga unha licencia de obra

O voceiro do PSOE de Ponteceso denuncia que o Concello non lle outorga unha licencia de obra

Continúa a vida política pontecesá mesturándose enquistada entre as idas e vidas persoais entre o voceiro da oposición, Lois Carballido, e o alcalde Jose´Luis Fondo Aguiar. Hoxe o voceiro do PSOE denuncia que o Concello non lle permitiu construir unha casa. Un impedimento, que segundo Carballido, "supón a paralización, na práctica, de todas as vivendas de nova construcción en Ponteceso".

Denuncia Carballido que o arquitecto que presentou a obra da súa casa xa recira 4 licencias sen problemas, pero ao ser esta do voceiro da oposición, o concello presentou alegacións. Nesa liña avisa que "se se cumpren os tres meses de prazo para conceder a licencia de obras e esta non se aprobou, emprederei accións legais contra o Alcalde de Ponteceso", do que asegura mantén unha "persecución" contra el.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Xosé Lois García Carballido, Candidato do PSOE á Alcaldía de Ponteceso.

Comentarios