A oposición pide un novo pleno en Ponteceso para auditar as contas municipais e licitar o SAF
Continúa moi viva a crise municipal no Concello de Ponteceso. De novo, os edís da oposición (PP e non adscritos) presentan un rexistro no Concello solicitando un pleno extraodinario que consideran necesario, tanto para facer unha auditoría externa das contas do Concello como para licitar o Servizo de Atención no Fogar.
Os edís da oposición aseguran que o alcalde lles “negou en repetidas ocasiones información á oposición” polo que consideran necesaria a realización dunha “análise do estado económico-financeiro do Concello e aprobación do expediente para contratar unha auditoría externa”.
Sobre o SAF, os populares aseguran que leva máis dun ano funcionando en precario, algo que non se pode consentir tendo en conta das numerosas necesidades que demandan os veciños.
No escrito tamén piden iniciar “os trámites para a posta a disposición dos veciños dun vehículo municipal híbrido ou eléctrico para contribuír á redución de emisións contaminantes”; así como comezar a traballar na rebaixa do IBI urbano e rústico; a “análise sobre a actividade e funcionamento da agrupación de voluntarios de Protección Civil e modificación do reglamento para unha maior eficacia e eficiencia”.
Igualmente a oposición tamén pide realizar un “estudo dos últimos procesos de selección de persoal do Concello e creación dunha nova Comisión Informativa de Persoal e Interior.
NOVAS RELACIONADAS
- 30-07-2021: A xustiza obriga ao alcalde de Ponteceso a contratar a auditoría externa das contas municipais que aprobou o pleno<./li>
- Xullo 21: Sindicatos e oposición denuncian vexacións do alcalde de Ponteceso contra a Policía Local.
- 13-07-21: Denuncian a carencia de servizos das praias con Bandeira Azul de Ponteceso.
- 12-07-21: O PP de Ponteceso tamén denuncia ante a Fiscalía as gravacións na alcaldía.
- Xuño 21: Protección Civil de Ponteceso pide axuda á Xunta para acabar con situación de ingobernabilidade.
- Xullo 21: A oposición pontecesá volve á carga contra un ausente alcalde.
- 9-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia .
- 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta.
- 26-10-2020: Marco Varela: “Vergonza”.
- 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?.