Martes. 19.03.2024
El tiempo

Ponteceso Actúa únese á campaña En negro

25N enPonteceso
Ponteceso Actúa únese á campaña En negro

O violta do programa “Ponteceso Actúa” e o negro da campaña “En negro contra as violencias” combínase este mes de novembro para visibilizar a loita contra a violencia de xénero. E para desenvolver esa loita dende unha perspectiva transversal, comunitaria e en rede con outros municipios, o Concello trata de implicar ao tecido económico, educativo, asociativo e á cidadanía en xeral para ofrecer dende Ponteceso unha resposta colectiva de rexeitamento.

Unha das claves é a educación, e levar o asunto ás escolas. Nesa liña o propio luns día 25 celebrarase durante toda a mañá actividades co alumnado do IES Eduardo Pondal, e ás 16.30 horas, no salón de actos do Edificio das Escolas, levarán a cabo un taller de teatro para mulleres, no que, a través de diferentes técnicas escénicas, poderán aprender a recoñecer distintas violencias de xénero.

A campaña “En negro contra as violencias” tamén implica ao tecido empresarial, e xa repartiron material cos lemas da iniciativa aos comercios de Ponteceso e de Corme, pero calquera establecemento interesado pode solicitalo na Casa do Concello.

Paralelamente, e na procura desa transversalidade que caracteriza a campaña, dende a Concellaría de Cultura continúa co programa “Ponteceso Actúa”, esa acción de colocar puntos de información nas festas, e realizar actividades co alumnado de secundaria. Esta mesma semana un voluntario e unha voluntaria percorreron os comercios de Ponteceso e Corme para achegarlles información sobre a campaña, que rematará o 25N cun sorteo entre todas as persoas que se sumaron recollendo o seu carné de socio/a.

TODAS AS ACTIVIDADES DO 25N NA COSTA DA MORTE

Comentarios