Ponteceso fomenta a reciclaxe
Sempre repetimos o importante que é reciclar. Alomenos no que estea na nosa man, levémolo a cabo. E separar é unha das cousas que só nos podemos esxir a nós mesmos.
O Concello pontecesán comeza unha campaña para unha mellor reciclaxe. O sábado 20 de setembro estarán en Corme e Ponteceso co obxectivo de incidir directamente na poboación para que esta comprenda a importancia de mellorar a clasificación dos residuos xerados nos seus fogares e informar sobre que residuos hai que depositar en cada tipo de colector, co fin de mellorar a reciclaxe.
Haberá xogos, explicacións e actividades lúdicas en torno á reciclaxe.
Pola mañá, de 10:00h - 13:30h, estarán no Campo da feira de Ponteceso; e pola tarde, de 19:00h - 21:00h na Praza da Ribeira en Corme.
Novas relacionadas
- Carballo facilita a reciclaxe de vidro aos hostaleiros.
- 68 establecimentos de Carballo únense á campaña Ecovidro.
- Cincuenta fogares de Carballo participan no programa de compostaxe caseira.
- Os veciños do municipio de Malpica reciclaron 777 litros de aceite vexetal en 4 meses.
- Aspaber seguirá limpando as rúas de Carballo.
- O Enxeño Galego: O retrete floreiro.
- “Os composteiros caseiros son moi agradecidos, bótaslles residuos e devólvenche compost”.
- Reciclando os aceites domésticos en Corcubión.
Fonte
- Concello de Pomnteceso.