Venres. 03.05.2024
El tiempo

Presentados os Monólogos do Serán en Ponteceso

Presentados os Monólogos do Serán en Ponteceso
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou o pasado luns en nome da Consellería de Cultura a actividade Monólogos do Serán en Ponteceso. Esta iniciativa está contemplada dentro da Programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística. García afirmou que “o humor, a ironía e a retranca serán os novos protagonistas desta iniciativa, coa que a Rede de Dinamización Lingüística quere seguir visibilizando a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos, ademáis de potenciar aos artistas galegos e en lingua galega”. Será a Fundación Eduardo Pondal a entidade coorganizadora da actividade, da que Valentín García dixo que é “un paradigma do traballo e o esforzó a prol da promoción cultural e lingüística na Costa da Morte”. A actividade se desenvolverá en Ponteceso este venres, 7 de setembro. No acto de presentación estiveron ademáis o alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, o patrón da FEP, Xosé María Varela, e o monologuista encargado de desenvolvela, Carlos Meixide.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios