Recunchos da Costa: O Fuso da Moura
Despois de visitar o Pedrafita do Marco da Anta ou o Menhir de Erboedo, toca completar a serie de pedrafitas (a palabra galega para “menhir”) da Costa da Morte. E cómpre irmos ata o linde entre Malpica (Asalo, Mens) e Ponteceso (Niñóns) para visitar o Fuso da Moura.
Precisamente din que podería ser o linde entre as zonas, pero tamén contan que un veciño utilizou a pedra orixinal para facer o seu portal, e que a actual pedra non é a orixinal. Agora un parque eólico enrarece as vistas do lugar, que é un fermoso miradoiro natural.
Angel e Ramon Boga no Fuso da Moura-Foto-Dolmensedemaisfamilia
Uns dos primeiros en recollela foron Ángel e Ramón Boga en 1997, quen aseguraban que a pedrafita formaba “parte dunha necrópole megalítica e seguramente fai de fito anunciador”. A pedra de granito mide 2,5 metros de altura, e 40 cm cada cara.
Un recurso patrimonial xa recordado durante o vangardista exercicio de arqueoloxía social realizado arredor das Croas de Niños, un fermoso proxecto esquecido polo Concello de Ponteceso dende 2013.
Aseguran que é un lugar de lendas, de enerxías, de covas, onde seguramente foron enterrados os nosos antepasados. O nome provén da lenda que a pedra era o fuso co que fiaba a moura.
Gabriel e Cambón no Fuso da Moura para o proxecto Pontenafala
Precisamente, durante o proxecto de recolleita oral Pontenafala, varios veciños lembran un “rito practicado antigamente para sandar o gando, e que consistía en levar o animal enfermo ata a pedra e facerlle dar arredor dela un número impar de voltas”.
Fotos de Xosé Manuel Varela
Como chegar
Para chegar ao lugar hai Ruta de Asalo a Punta Nariga, unha ruta de 10km, que sae do lugar de Asalo (na parroquia de Mens), ata o mítico Faro Naruta, pero polo camiño, chegados ao Monte de Asalo, fai parada no Fuso da Moura, xusto no marco entre os concellos pontecesán e malpicán.
Pero aquí tendes a localización:
Novas relacionadas
- 2013: A arqueoloxía social que descobre murallas.
- 2013: As Croas de Niñóns: novo exemplo de vangarda arqueolóxica dende a Costa da Morte.
Máis novas
RECUNCHOS DA COSTA
- Recunchos da Costa: Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.
- A ruta do Muíño de Louredo.