Outro accidente de tractor cóbrase unha nova vida en Santa Comba
15:59 08/07/20
A pasada tarde de luns, acontecía un novo accidente mortal cun tractor na Costa da Morte. Un veciño de Santa Comba perdeu a vida despois de envorcar o seu tractor no lugar de Pombal, parroquia de Ser, Santa Comba.
O accidente acontecía pasadas as 21:00h, e os Bombeiros tiveron que excarcelalo pero os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento. Dase a circunstancia que o home superara a enfermidade do coronavirus e mesmo tivera que ser ingresado.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia mobilizou Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba e do GES de Brión, así como os axentes da Garda Civil e ao Servizo Municipal de Protección Civil.
Accidentes de tractor nos últimos anos
- Xuño 2020: Falece un home de 72 anos baixo o seu tractor en Fadibón.
- Agosto 2019: Dúas mulleres falecen en sendos accidentes en Malpica e Cabana.
- Marzo 2019: Ferido tras caer por un terraplén no seu tractor.
- Febreiro 2018: Falece un home en Agualada tras quedar atrapado no seu tractor.
- Febreiro 2018 Falece un home de Borneiro tras volcar o seu tractor.
- Agosto 2017: Facece un home Santa Comba tras quedar atrapado baixo o seu tractor.
- Xuño 2014: Falece un home de 92 anos en Ponteceso baixo o seu tractor.