Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Agrupación Socialista recuperou o seu cocido homenaxeando a Blanca Ruzo

PSOE de Santa Comba
PSOE de Santa Comba
A Agrupación Socialista recuperou o seu cocido homenaxeando a Blanca Ruzo

Despois de dous anos de parón obrigado pola pandemia, a agrupación socialista de Santa Comba volveu celebrar a súa xa tradicional e ansiada Festa do Cocido, un acto gastronómico e de concentración de militantes e simpatizantes que nesta edición bateu todos os récords de asistencia, congregando a máis de 150 persoas no restaurante Rafael.

Pesos pesados ​​do partido como Hana Jalloul, secretaria de Política Internacional e Cooperación, Bernardo Fernández Piñeiro, secretario xeral provincial e Antonio Leira, deputado provincial, quixeron apoiar ao equipo socialista comandado polo candidato Alberto Romar.

A ocasión festiva foi tamén escenario dunha sentida homenaxe á figura da actual concelleira Blanca Ruzo, que abandonará a política activa tras unha traxectoria de máis de 20 anos nos que foi "un referente autonómico nos eidos do voluntariado e o asociacionismo, grazas ao seu extraordinario e admirado espírito de solidariedade".

Comentarios