“Deixámoslle claro que nos opoñemos totalmente a este parque eólico”

Este pasado luns, o Concello de Santa Comba organizaba unha xuntanza informativa sobre o Parque Eólico Braña Ancha. Unha reunión coa veciñanza para dar algo de luz a un mundo eternamente sombrío. Pero a veciñanza xalleira xa vai collendo “callo”, e xa chegaba preparada para a cita na que a invitada era unha responsable da empresa promotora, Adelanta Corporación, coa alcaldesa, María Pose, sentada, nas butacas do lado dos veciños.
De feito, a semana pasada mantiveran sendas reunións con xente de Carreira (Zas) e de Freixeiro, tamén afectados polo P.E. Portochán. “Se non te informas, estás á escuras, atóntante e caes”, sinala Jose Manuel Nieto, “Mani”, un dos veciños afectados de San Salvador, que recoñece que “á xente abriuselle moitos os ollos, e daste conta de moitos inconvenientes que se non te informas non os coñeces”.
”Mani” deixa claro que a veciñanza de San Salvador, Grixoa e as zonas afectadas pola poligonal, (nomeadamente unha zona dormitorio de xentes que volveron da emigración coas súas profesións) “opoñémonos totalmente a este parque eólico”. Unha posición que comparte a veciña plataforma BerXallas.
E son moitas as razóns que ofrecen: o ruído dos viraventos vai provocar unha clara afección no descanso; vai haber un movemento de camións continuo; a falta de repercusión na zona de mellores tarifas ou servizo eléctricos; nese monte está a mellor zona de produción de conexo de Santa Comba; a afectación a especies como o miñato ou o lobo, que ten unha zona de cría nese monte… “Teríamos que ser verdadeiros beneficiarios da presencia dos eólicos nas nosas casas”, reflexionan. “Para estar abandonados, que non nos molesten”.
Non tardou en saír a colación a problemática dunha estrada que nunca se renova. Os veciños levan 20 anos demandando a renovación da estrada entre Santa Comba e Grixoa de Esternande que pasa por San Salvador, e mesmo realizaron varias manifestacións o pasado 2020. O caso é que resulta que a obra de renovación do firme non se executa porque os cartos deberían saír do Parque Eólico de Grixoa…
Mani Nieto durante as protestas pola estrada de Grixoa a Esternande
Dúbidas sen resolver
Sobre a preparación que vai collendo a veciñanza gracias aos esforzos dos colectivos medioambientais e dalgún medio coma este, dan conta as preguntas que formularon os veciños pero que “a responsable non sabía contestar”, sinala Mani. “Preguntámoslle por onde saía a liña de evacuación, pero non sabía; cal era a área de afectación do voo do viravento, tampouco sabía; preguntámoslle por que había unha poligonal tan grande para 4 aereoxeneradores; canto se ían pagar o metro polas pistas… Deixounos con moitas dúbidas, a verdade”.
Tamén preguntaron pola afectación aos humedais, e a resposta da responsable foi que a Xunta non os tiña rexistrados nin catalogados. “Non estarán catalogados pero, vaia, Braña Ancha, máis claro non pode estar”, sinala Mani en relación ao nome do Proxecto.
Apoio municipal
Dende a veciñanza agradecen que a alcaldesa se puxese do seu lado e esperan agora que o Concello presente alegacións contra o parque eólico.
Novas sobre eólicos
- P.E. Braña Ancha: Un novo proxecto en Santa Comba.
- P.E. Portochán: A veciñanza xalleira mobilízase ante outro megaproxecto fragmentado ilegalmente.
- s
- O Concello de Mazaricos confía en que a Xunta non aprobará os parques eólicos A Picota I e II.
- Petón do Lobo analiza con especialistas a problemática dos eólicos.
- O Consello da Cultura Galega tamén solicita a revisión do Plan Sectorial Eólico cun informe
- 14-12-2021: A Xunta confirma que o 30% de Galicia quedará afectada polos eólicos.
- 11-12-21: Coristanco e o Monte Pindo berraron o "Eólicos Así NON”.
- 05-12-21: O rural sae á rúa en Sta Comba contra a invasión eólica.
- INFORME: O novo impulso eólico propón máis de 40 novos proxectos na Costa da Morte.
- Xunta e Estado tramitan, actualmente, a chegada de 22 parques eólicos e 164 aereoxeneradores só na Costa da Morte.
- Setembro 2021: A veciñanza da comarca, contra os macroélicos e as inclemencias do tempo.
- Setembro 2021: Santa Comba acolle o primeiro encontro intermunicipal sobre o modelo enerxético e o medio rural .