A Xunta comprométese, tralas esixencias das familias e o BNG, á rehabilitación integral do CEIP Santa Comba no verán de 2025

Contentísimas atópanse as familias de Santa Comba ao coñecer, esta mañá, que a Xunta vén de comprometerse a realizar a tan demandada rehabilitación integral do CEIP Barrié de la Maza. Así o aseguraba Manuel Vila López, Secretario Xeral Técnico da Consellería de Cultura, a unha nova pregunta do BNG na Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia, apuntando que a idea é facela reforma no verán de 2025.
Moito tempo ten levado este fito. A ANPA Xallas leva dende 2021 pedíndoa, e o BNG uniuse ás peticiósn familiares a finais do ano pasado. Dende esa, o caso ten sacado á rúa a centos de familias, ten chegado ao Parlamento, teñen presentado máis de 3.000 sinaturas…
E tras aprobalo o pasado mes e trasladarllo tanto á ANPA, como ao contro como o Concello, a Xunta corroborouno na Comisión, nunha moción que contou cos votos favorables do BNG e os populares e coa abstención do PSOE.
A obra, que levaría 9 meses de execución, incluiría a substittución da cuberta, a illamento térmico, substitucion da carptintería exterior, cambio de iluminacuón, falsos teitos acústicos, cambios de carpintería interior… un orzamento mínimo de 1,5 millóns.