Domingo. 26.05.2024
El tiempo

4 días de Revolta Irmandiña no Asalto ao Castelo de Vimianzo

4 días de Revolta Irmandiña no Asalto ao Castelo de Vimianzo

O que quedaba nunha noite de troula xa se está convertindo en case que unha semana de festexos. O XI Asalto ao Castelo de Vimianzo chega completo este ano. Dende o mércores 29 de xuño e ata o propio sábado 2 de xullo Vimianzo vivirá a Revolta Irmandiña.

Así, este ano, ademais da traballadísima representación teatral, haberá, de novo, un Festival de música (a Axenda Sonora da CdM estará atenta); o I Mercado Artesanal do Asalto e a IV Ruta do Pincho Irmandiño, que xa se está convertindo en tradición.
Ademais, o venres 1 xullo coa II Cea Medieval no propio castelo, que xa ten o cartel de non hai entradas, e rematará a altas horas da madrugada do domingo cunha foliada.

Pinchos e Mercado

Do mércores 29 de xuño ao sábado 2 de xullo, a Ruta do Pincho Irmandiño será a protagonista, por cuarto ano. Ruta que estará acompañada polo Conto Fotográfico do Asalto.

O propio sábado 2 de xullo haberá actividades ao longo da tarde para toda a familia. Mostra de artesanía en vivo, Obradoiros infantís... e mesmo unha exhibición de tiro con arco. Os encargados de poñer as primeiras notas serán a Foliada de Salto e Airiños do Río Grande. A gran novidade deste ano para a tarde do evento son os espectáculos na rúa e actuacións Clown.

Xa ben entrada a tarde as rúas de Vimianzo acollerán o Circuíto Musical do Asalto. Marcote´s Street Band, Trubisquiña, Dambara Burela, Requinta do Xián e Fol Baleiro encherán de ritmo percusionista e de gaitas as rúas e bares. Todo isto mentres veciños e visitantes degustan os Pinchos Irmandiños polos bares e restaurantes da vila.

Todas estas actuacións continuarán no campo da festa do Asalto cos concertos dos ferroláns Chiculate e un dos pratos fortes do evento: Berrogüetto. Eles darán paso ao Asalto ao Castelo de Vimianzo ás 0:00h.

A festa continuará despois de derrocar aos señores do Castelo. Funky Style Brass, un grupo enérxico e alegre vido de Francia, e Malakatón e a súa rumba catalana subirán os ánimos dos irmandiños ata ben entrada a madrugada.

Este ano a representación teatral do Asalto ten por nome "Praza esperanza. A lenda do aforcado". Trátase dunha adaptación da historia de Fernando de Xinzo, una narración da supresión do poder caciquil.

É importante destacar que a organización do Asalto pon a disposición dos visitantes unha zona de acampada, servizo de cociña e un espazo para enredar os máis cativos.

Programa completo do Asalto ao Castelo 2011

IV Ruta do Pincho Irmandiño

En marcha dende o mércores 29 de xuño a sábado 2 de xullo nos bares da zona de 11:30h a 14:30h e de 19:00h a 23:00h. Irá acompañado polo Conto Fotográfico da Ruta dos Pinchos.

Ademais, o xoves 30 de xuño terá lugar a Procesión da Santa Compaña Irmandiña a partir das 19:00h.

E o venres toca Teatro de rúa coas As feiticeiras (ás 20:00h na Praza do Concello) e Cea medieval (ás 21:00h no Foso do Castelo).

O sábado, día completo de Festa

A mañá comezará cunha Ruta de sendeirismo pola terra dos Moscoso. O I Mercado Artesanal do Asalto abrirá as súas portas na Praza do Concello ás 10:00h, que se completa coa Mostra de artesanía en vivo do Castelo de Vimianzo. Haberá tamçén obradoiros infantís, Baile rexional e ata unha Exhibición de tiro con arco.

Xa pola tarde, chegan os espectáculos de rúa con Gostoso Pa, o Clown: Peter Punk, Pandereteiras, gaiteiros e percusionistas da Trubisquiña & Marcote´s Street Band, e pasarrúas a partir das 20:00h con Dambara Burela, Requinta do Xián (Rúa) e como non, os da Pereiriña, Fol Baleiro, que non perden un Asalto.

Noite no Campo da Festa

  • 20:00h - Cea a base de Touciño entrefebrado con gornición e viño do país de balde.
    - Fin da ruta dos pinchos: agasallo irmandiño.

Chiculate (Galicia-Folk)

  • 22:00 - Grupo ferrolán formado cun repertorio aberto e dinámico.

Berrogüetto (Galicia-Folk)

  • 23:15 - Grupo de folk dos máis prestixiosos de Galiza.

Representación do Asalto ao Castelo

Funky Style Brass (Francia-Funky)

  • 01:30 | Banda de tolos, adeptos ao dance floor de funk de risos cun vento espectacular que non te deixa parar de moverte.

Malakaton (Barcelona-Rumba)

  • 03:00 - Grupo de rumba catalana.

Foliada (da casa)

  • 04:30 | A partir desta hora, cadaquén que coide da súa gaita.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas festivaleiras

Novas e vídeos do Asalto

Fonte

Comentarios