domingo. 18.05.2025
El tiempo

A Audiencia Provincial arquiva a denuncia da oposición relativa á moción de censura do anterior mandato

A Audiencia Provincial arquiva a denuncia da oposición relativa á moción de censura do anterior mandato
Manuel Antelo enfróntase á moción de censura en Vimianzo impulsada por José Manuel Rodríguez Blanco, Roque O alcalde Manuel Antelo e o responsable do grupo promotor da moción de censura, Roque

Queda xa case no esquecemento aquela errada moción de censura en Vimianzo do 2013. Finalmente, despois de que unha denuncia dos promotores da mesma fose sobreseída, a Audiencia Provincial da Coruña vén de arquivar defintivamente o expediente do Xulgado de Corcubión iniciado pola denuncia presentada pola oposición de Vimianzo.

Esta denuncia pretendía obter unha sentenza penal contra o alcalde, o tenente de alcalde, a secretaria e o secretario accidental, pero finalmente quedará en nada.

O alcalde de VImianzo, Manuel Antelo, aproveitou para cargar contra os seus opositores, sinalando que “son moi malos políticos e peores persoas. Inventaron un entramado xudicial para tapar a súa incapacidade e a súa falla de compromiso con Vimianzo, perseguindo, a toda costa, volver ao réxime anterior de corrupción do que se beneficiaron abondosamente familias e empresas da súa contorna. O auto sitúa á oposición como uns auténticos facinerosos que utilizan fraudulentamente á xustiza ante a falta de argumentos políticos e apoio social”.

Así mesmo, o alcalde agarda “unha desculpa ante todo o pobo de Vimianzo e ante a súa persoa, de quenes, de maneira gratuita e ilexitimamente, lles causaron tanto dano”. E recordou a resposta da veciñanza de Vimianzo nas últimas eleccións.

Máis novas vimiancesas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios