Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A cultura da casa enche Vimianzo

A cultura da casa enche Vimianzo

Non para o Concello de Vimianzo. Se ben o pasado sábado os vimiaceses disfrutaba coa ruta de sendeirismo de Vimianzo a Laxe polos Penedos de Pasarela e Traba, o día deixaban máis actividades.

Ás 20:00h da tarde daba comezo o acto de clausura da Escola de música de piano e violín, con numerosas interpretacións musicais dos rapaces e rapazas que recibiron as ensinanzas da man de dúas expertas profesoras, Tatiana Pankrátova, profesora de piano, e Dasha Pankrátova, profesora de violín. Balbina Rodríguez, Alexia Canosa, María Gándara, José Castro, Brais Pereira, Laura Quintáns, José Ventura, Catalina Lema, Mar Pazos, Roberto Iglesias, Carolina González, Xabier Lemus, Nerea Rojo, Gala Cernadas, Uxía Bello, Ana Torres, Alberto Angües e Xoán Antelo, foron subindo ao escenario para interpretar pezas de Shubert, Verdi, Legran, Beethoven, Glinka, Chopin ou Elvis Presley, entre outros, ao piano ou violín, demostrando o gran talento musical do alumnado e a excelente aprendizaxe recibida.
Familiares, amigos e veciños enchían o patio de butacas do auditorio, que rompía en aplausos despois de cada actuación.

Para poñer punto e final á tarde musical, as profesoras interpretaron Melodie, de Gluck. O alcalde subía ao escenario para pechar o acto felicitando aos alumnos, alumnas e familiares, e agradecendo ás profesoras que puideran levar adiante estainiciativa, vista a gran demanda que existía no noso concello, dando así o primeiro paso dunha escola de música que agardamos se vaia consolidando e medrando nos vindeiros anos.

Arredor das 21:30h os músicos deixábanlle paso na Casa da Cultura á Gala casting do Asalto ao Castelo que comezaban ás dez, unha noite de sorpresas.

Teatro dominical

O domingo, para manter ese costume que enche auditorios, volía o teatro local á Casa da Cultura. O Grupo Os Sapapusios de Pasarela poñía en escena Lencería Fina, unha peza cómica que contou cun elenco de actores a actrices que arrincaron en numerosas ocasións a risa e o aplauso dos presentes. Begoña Lema, Manuel Álvarez, Elena Alvarellos, J. Manuel Lema, Carmen Canosa e José Manuel Rocha, dirixidos por Diego Rey de Talía Teatro, deron vida a uns personaxes capaces de argallar as situacións máis cómicas nunha tenda de lencería nada convencional. Un grande éxito de actuación que o numeroso público que acudiu á representación da Casa da Cultura aplaudiu e felicitou aos protagonistas.

Mentres Os Sapapusios de Pasarela actuaban na Casa da Cultura, os alumnos e alumnas de baile de salón e taekwondo de Vimianzo participaban na exhibición organizada polo Club Arte e movemento, encargada de impartir estas disciplinas, no pavillón polideportivo de Cee, con entrega de medallas incluída a cargo da concelleira Mª Xosé Ramos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios