A Faguía de Carnés renova o seu Cabildo
Non podemos deixar de fixarnos nesta festa centenaria, a máis antiga da Costa da Morte. E da man de Rafael Lema, damos conta das últimas novidades.
A Confraría da Faguía de Carnés renovou o cabildo tras a celebración do III capitulo na sala capitular da igrexa parroquial de San Cristovo de Carnés. Foron nomeados por un ano os cargos de mordomo (Andrés Martínez) e a vicaría xeral (María do Pilar Mouzo). Tamén se investiron coas capas e o xuramento no libro da Confraría de San Cristovo no altar maior do templo a tres novos membros do cabildo, neste caso a María do Pilar Mouzo Domínguez, Yanira de León Lema e Diana de León Lema. O cabildo conta con doce membros.
O cabildo deu a a coñecer os premios das Tellas de Ouro e Prata deste ano, que serán entregados en actos individuais a cada galardonado. A Tella de Ouro vai para o ex conselleiro de Educación-Ordenación Universitaria e Cultura-Turismo Xesús Vázquez Abad (Nuremberg, Alemania, 1967). O trofeo será entregado en Ourense nunha reunión internacional de confrarías gastronómicas. As de prata son para a muller mais anciá da parroquia e membro da anterior confraría que deixou de exercer no ano 1954, María Margarita Lema Martínez, nacida en Montecelos. E para o locutor radiofónico da Radio Galega casado en Carnés e natural de Camariñas, Marcial Mouzo.
O cabildo da confraría estará presente na misa solemne e procesión en honra ao patrón o día da Festa da Faguía. Asemade a confraría anuncia que o Arcebispado de Santiago de Compostela cedeu a entidade o recinto da Cerca onde se fai a festa da faguía e unha casa no adro da igrexa para usar como casa do cabildo. A confraría traballa para lograr a reforma neste exercicio de ambos recintos, mentras usa como sala capitular de reunións un local dentro da igrexa parroquial.
Novas relacionadas
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- Fagía 2013: 2000 racións de callos para a festa gastronómica máis antiga do país.
- Fagía 2013: A Cofradía da Faguía celebrou o primeiro capítulo desta centenaria celebración gastronómica.
- Fagía 2012: A Fagía: 400 anos de historia concentrados en 3000 quilos de callos.
- Fagía 2009: A Fagía acabou coas existencias de callos.
- Fagía 2008: Carnés celebrou a Fagía a base de callos.
- A Fagía de Carnés, 400 anos dunha festa singular.
- A Fagía de Carnés é declarada Festa de Interese Turístico Nacional .
Un estudio sobre a historia da Fagía de Carnés
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (I).
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (II).
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (III).
- A Cerca, o rito de virar a tella e a Pedra do Noco (IV e última).
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).