luns. 19.05.2025
El tiempo

As asociacións do Concello de Vimianzo poden solicitar as axudas municipais

As asociacións do Concello de Vimianzo poden solicitar as axudas municipais
Asociacions Concello de Vimianzo

Desde o Concello de Vimianzo nos informan de que xa está publicadas anuncio no Boletín Oficial da Provincia do día 26 de febreiro as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para o fomento do deporte, por un lado, e de actividades culturais e sociais, por outro, no concello de Vimianzo para o ano 2014. Así ábrese o prazo dun mes para presentar as solicitudes e poder optar ás axudas.

Tal e como adiantamos hai uns días, o requisito para poder presentar as solicitudes é estar inscrito no rexistro de asociacións do Concello. O prazo de presentación de solicitudes é de un mes contado a partir do 27 de febreiro e os modelos de instancia de solicitudes estarán dispoñibles na web municipal, ademais de nas oficinas municipais.

O concello destina para o fomento de actividades culturais unha partida de 3500€. En canto ás axudas para actividades deportivas a partida económica destinada é de 23.000€, e poderán optar a estas axudas asociacións deportivas e clubs ou equipos de fútbol. No caso destes últimos, establécense nas bases diferentes contías a percibir en función da categoría na que milite o equipo. Tamén se valorará como criterio á hora de outorgar a subvención o número de xogadores ou xogadoras federadas empadroadas no concello. Do mesmo xeito, sinálase nas bases que no caso de que o equipo non chegue a rematar a liga, terá que devolver a cantidade prorrateada da subvención concedida por cada partido non xogado.

Unha vez notificada a concesión das subvencións as asociacións poderán solicitar o adianto do 60% da contía concedida, sen ter que xustificar este adianto, e o 40% restante recibirano unha vez presentada a documentación xustificativa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios