martes. 20.05.2025
El tiempo

O Concello de Vimianzo adica os primeiros 26.500€ para axudas ás Asociacións

O Concello de Vimianzo adica os primeiros 26.500€ para axudas ás Asociacións
Asociacions Concello de Vimianzo

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vimianzo aprobou o pasado luns as bases para contribuír economicamente con axudas ás asociacións deportivas, clubs de fútbol, asociacións culturais e veciñais podendo solicitarse no prazo dun mes a partir da publicación das mesmas no Boletín Oficial da Provincia.

"O compromiso do goberno municipal coa promoción do movemento asociativo de Vimianzo de carácter cultural e deportivo, así como cos clubs de fútbol, é unha constante que os define claramente, destinando a estas axudas unha partida de 26.500€", aseguran fontes municipais.

Ademais, á parte destas subvencións están previstas outras axudas de carácter nominativo para comisións de festas, colexios e outras actividades por un importe que se incorporará nos orzamentos.

Máis información

Para poder participar nas subvencións hai que estar inscrito previamente no Rexistro de Asociacións, simplificando deste xeito a documentación a presentar á hora de formalizar a solicitude de axudas. Unha vez aprobadas as solicitudes pódese pedir o anticipo do 60% do total sen xustificación da contía percibida. Para percibir o total da subvención hai que xustificalo antes do 15 de decembro.

A convocatoria e a solicitude estarán a disposición das asociacións dende o momento da convocatoria na páxina web do concello www.vimianzo.es.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios