Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As visitas guiadas volven aos Batáns do Mosquetín e ao Castelo de Vimianzo

As visitas guiadas volven aos Batáns do Mosquetín e ao Castelo de Vimianzo
O concello de Vimianzo activou para esta Semana o programa de visitas guiadas O concello de Vimianzo activou para esta Semana o programa de visitas guiadas Durante esta Semana Santa o concello de Vimianzo activa o programa de visitas guiadas no Castelo e nos Batáns de Mosquetíns, dos que asumiron recemente a xestión despois de varios anos nas mans de Neria. Así o indicaron o alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, e a concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade, Marta Rei, quenes presentaron as actividades que desenvolverán durante estes días en ambos espazos emblemáticos. O Castelo ampliará o seu horario. Durante a Semana Santa abrirá de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas. O xoves e venres haberá visitas guiadas ás 12:00 e ás 17:00 e o sábado ás 12:00 horas. Durante o sábado e o domingo a compañía de teatro Os Quinquilláns desenvolverán unha visita teatralizada, o sábado ás 17:00 e o domingo ás 12:00. En canto ao conxunto etnográfico dos Batáns do Mosquetín  abrirán ao público de 11:00 a 19:00 horas. O xoves, venres, sábado e domingo haberá visitas guiadas ás 11:00, ás 13:00, ás 16:00 e ás 18:00 horas. As visitas arrincarán cun acto o vindeiro xoves, ás 10:45 nos Batáns do Mosquetín e ás 12:00 no Castelo de Vimianzo. Novas relacionadas

Novas sobre o Parque do Megalitismo

Máis novas arqueolóxicas

Fonte

Comentarios