sábado. 03.05.2025
El tiempo

Catro menores resultan ilesos tras colidiren un microbús e un turismo en Vimianzo

Catro menores resultan ilesos tras colidiren un microbús e un turismo en Vimianzo

Catro rapaces, alumnos da gardería municipal de Vimianzo, e dúas monitoras resultaron ilesos tras colidir esta mañá o microbús no que viaxaban contra un turismo en Vimianzo. Só o condutor do autocar presentaba algunhas feridas leves das que foi atendido no Centro de Saúde da localidade.

O impacto se produciu na estrada que une o casco urbano co lugar de Brives cando estaban a piques de dar as dez da mañá. Inmediatamente despois de recibir a chamada dun particular, o persoal do CAE 112 Galicia pediu a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia, Policía Local e Protección Civil.

Outros sucesos

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios