Venres. 19.04.2024
El tiempo

Darío Miranda Pastoriza: "Carracedo e Jorge Mira foron sempre dous grandes referentes"

Dario Miranda Pastoriza da USC
Darío Miranda Pastoriza: "Carracedo e Jorge Mira foron sempre dous grandes referentes"

Pouca atención se lle presta á potente canteira científica da Costa da Morte. Canteira que xa se fai realidade, como simboliza a evolución de Darío Miranda Pastoriza. Este rapaz de só 24 anos, natural da Piroga (polo tanto tamén medio baiés e medio vimiancés), licenciado en Farmacia, é dos máximos expoñentes dos traballos en Galicia en materia de síntese de novos fármacos, desenvolvendo a súa tese na rama de investigación de Biomedicina, no Centro Singular de Investigación en Química Bilóxica e Materiais Moleculares CIQUS, da Universidade de Santiago de Compostela.

Un mozo dos que tiveron que pelexar por cada fito, aos que non lle regalaron nada, e que sabe que cada cousa leva o seu traballo. A súa cultura do esforzo é exemplar.

Foi precisamente unha charla de Ángel Carracedo (o que esperemos se convirta no vindeiro Premio Príncipe de Asturias”) o que “espertou a chispa pola investigación” nunha charla que impartiu en tempos da ESO no IES Maximino Romero de Lema.

Recoñece que tanto Carracedo como Jorge Mira son dous dos seus referentes, pero aínda ve lonxe iso de conseguir unha praza ao seu nome. “Con aportar algo á xente, e que me teñan aprezo, xa me chega”, recoñece con humildade, ao tempo que agradece a primeira oportunidade laboral que lle deron Lourdes, Teté e compañía na Farmacia Central de Baio recén graduado.

  • QPC: Cóntanos en que traballas, de que se trata a investigación na que estás inmerso.

Estou rematando o segundo ano de tese, na que estamos traballando no grupo de investigación ComBioMed, dirixido polo Profesor Eddy Sotelo. Xa na carreira vin que quería tirar por esta rama da investigación, na que buscamos novos fármacos sobre a inmuterapia do cancro. Fármacos que se unen a diferentes proteínas que despertan o sistema inmune contra os tumores que non son detectados.

Fai pouco publicamos un artigo xa, dun dos repectores A3 da denosina, no Journal Medicine Chemistry a revista de referencia para os que facemos compostos, polo que estou moi contento porque o obxectivo dunha tese é aportar coñecemento novo, e crear publicacións. E que che publiquen un traballo, é que consideran que esa aportación é de interese, e vese que estamos polo bo camiño.

 
  • QPC: Ademais, non paras de asistir a seminarios, Congresos… Mesmo con xentes importantes, non?

Xa participei en varios congreso, amosando resultados, por exemplo no que organizamos no 10º aniversario do CIQUS. Un Congreso ao que viñeron moitos referentes, e como estaba vinculado ao programa Conciencia de Jorge Mira, que trae á Galicia moitos Premio Nóbel, estivo con nós David MacMillan, un escocés que investiga en Princeton. Foi como coñecer ao Messi da investigación en Quimica, e ademais é super campechán, amante do fútbol, curiosamente moi fan de Ibrahimovich. Un tipo xenial.

Dario Miranda Pastoriza-David McMillan
Con David MacMillan

Tamén estiven no congreso internacional ERNEST, celebrando online dende Bari, con todos os investigadores en síntesis de fármacos… E agora estamos organizando o Congreso da SEQT, en Santiago de Compostela na semana do 23 de xuño, cos mellores de toda España. Aquí tamén vou amosar resultados.
Ademais estou na Sociedade Española de Química Terapéutica (SEQT, participando no Simposio de Jóvenes investigadores.

 
  • QPC: E dache tempo para compaxinar e mesmo dar charlas nos IES?

Pois recentemente un compañeiro e máis en estivemos no IES de Teo dando unha charla sobre o uso responsable dos antibióticos, para concienciar sobre a súa resistencia e que que trasladen aos seus maiores a importancia de non abusar.

 
Dario Miranda dando unha charla no IES de Teo
Dario Miranda dando unha charla no IES de Teo
  • QPC: É posible vivir da investigación en Galicia? E de cara ao futuro, que perspectivas tes?

É difícil. Hai certas becas, eu teño unha da Xunta e me cobre durante varios anos, pero a verdade é algo precario. Intento depender o mínimo posible da familia, pero tes que andar calculando os gastos. Ademais hai moita demanda e creo que debería haber máis becas para seguir investigando. Espero que a pandemia e co que se ve que a investigación é clave para crear vacinas, que a nivel político sexa prioritario.

E unha vez que acabas a beca… Non sei. Pero tamén me gusta a docencia universitaria. A día de hoxe xa damos algunhas horas de Química Farmacéutica, e me gustou moito o contacto co alumnado, ensinar, explicar… poder ensinar a síntesis dun fármaco estivo moi ben.

 
  • QPC: E fóra do laboratorio, que che gusta?

Principalmente a música. Toco varios instrumentos, a gaita dende pequeno, pero tamén a guitarra, o baixo e o piano. Gústame moito moito disfrutar da Carballeira de Zas, por exemplo.
Da miña nai (
a poeta Maica Pastoriza) venme a escritura, que tamén me gusta.
Tamén me gusta a fotografía de paisaxe, de estrelas… Creo que é un camiño turístico moi interesante para unha zona como a nosa con tan pouca contaminación lumínica. Temos marabillas na Costa da Morte para capturar…

E sempre que podo aproveito para facer algo de deporte. Xoguei toda a vida ao baloncesto, e agora manteño entre o ximnasio e a Liga Universitaria de baloncesto. Lembro aqueles tempos co equipo de Baio no que íamos ver os partidos do Obradoiro ao Fonte do Sar a cantar o “Miudiño”.

 

Novas sobre ciencia

Comentarios